GALICIA
No mes de setembro se debaterá a aprobación definitiva da Lei de áreas empresariais
Confederación Empresarial de Ourense (CEO)
A nova Lei de áreas empresariais de Galicia someterase ao debate de aprobación definitiva no Parlamento o próximo mes de setembro. Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no marco da reunión que mantivo con representantes da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) para falar da futura norma e dos beneficios que suporá para o sector.
Tras agradecer a implicación e participación da patronal no proceso de elaboración da lei, a responsable autonómica amosouse moi satisfeita co texto normativo que se remitiu á Cámara autonómica e que, tal e como indicou, tamén se enriqueceu coas achegas dos grupos durante o trámite parlamentario.
“O obxectivo é que sexa unha lei de todos”, declarou Ángeles Vázquez acompañada polo delegado territorial da Xunta na provincia, Gabriel Alén, e en presenza da presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, e doutros representantes do tecido empresarial ourensá.
Ángeles Vázquez agradece as achegas do tecido empresarial durante a tramitación dunha lei “pioneira” no Estado e impulsada co reto de ser máis áxiles na planificación destes espazos e que ningunha empresa se teña que trasladar a outra comunidade
Nesta liña, explicou que o reto co que se impulsou esta norma foi o de gañar en simplificación e axilidade no que respecta á planificación e creación de solo empresarial na Comunidade. Así, a conselleira explicou que Galicia “necesitaba dar este paso” e dotarse dunha norma que lle “facilite a vida” ás empresas implantadas nas áreas industriais galegas ou que teñan previsto facelo.
“Non queremos que ningunha empresa nos diga que por falta de solo ou de axilidade por parte da Administración se teña que trasladar a outra comunidade autónoma”, asegurou Ángeles Vázquez, que engadiu que para logralo se apostou por unha norma “pioneira” a nivel estatal e que tamén será a primeira lei reguladora da materia en Galicia.
Por último e a modo de exemplo desa “vontade de axilidade” que inspirou a lei galega, a conselleira indicou que, coa súa entrada en vigor, espérase reducir a un máximo de nove meses o prazo para completar o asentamento de novos espazos industriais na Comunidade, incluída a súa urbanización e todo o necesario para o inicio da actividade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217