Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Viernes, 22 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño celebra o centenario doutra das súas veciñas

O Concello, con moita poboación nova, ten máis dunha decena de persoas centenarias

A familia e amizades de Preciosa Franco Barreiro, veciña de toda a vida de Pazo (parroquia de Barrantes), acompañaron á flamante centenaria o pasado sábado nunha emocionada cerimonia de cumpre anos.


Rodeada dos seus fillos, Jose e Merche; netos (Gonzalo, Jose, Rubén e Ana María; e bisnetos (Noelia, Iker, Xavi e Emma) e demais familia política, primos, etc., Preciosa soprou as velas coa axuda dos máis pequenos da casa.


Nin a alcaldesa, nin os concelleiros Cristina Martínez (Benestar) e Manuel Álvarez “Peque” (Atención ás Parroquias), quixeron perderse a oportunidade de acompañar a esta veciña e a súa familia nunha data tan sinalada.


Preciosa, coma a gran maioría das mulleres do seu tempo, traballou duro ao longo da súa vida, coidando do campo os animais, a casa, segando a herba a man...criando aos fillos e axudando ao seu marido Luciano, que emigrou durante varios anos a Arxentina. “Se non houbera traballado tanto, non estaría aquí”, sentencia Preciosa, consciente do día tan especial que están a celebrar.


Nos ratos libres, bordaba sabas e manteis con auténtica mestría. Hoxe, os achaques da idade, no lle permiten moverse moito aínda que a súa cabeza lle responde bastante ben. Comenta a súa filla, Merche, que o pasatempo preferido da súa nai na actualidade, consiste, principalmente, en xogar e desfrutar da compañía dos seus bisnetos, especialmente de Emma, que vive na mesma casa e gusta moito de estar con ela.


Hai algunhas semanas festexaba o seu 103 aniversario Evangelina Vila Albores; outra das centenarias que viven en Tomiño (arredor dunha decena), se ben o concello ten unha poboación infantil e nova moi considerable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.