GALICIA
A Xunta aposta pola axilización administrativa a través dunha Lei
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu á Conferencia Sectorial para a Mellora Regulatoria e o Clima de Negocios
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, resaltou a aposta que o Goberno galego está a facer pola axilización administrativa a través da Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia que, desde a súa entrada en vigor, xa contribuíu a axilizar a tramitación dunha vintena de proxectos que suman un investimento de 2700 millóns de euros.
Así o puxo de manifesto con motivo da convocatoria da Conferencia sectorial para a mellora regulatoria e o clima de negocios, onde apuntou que a través da Oficina Galicia Empresa e da Secretaría Xeral de Industria é desde onde a Administración autonómica está a xestionar o que esta lei establece como proxectos industriais estratéxicos e iniciativas empresariais prioritarias.
Segundo destacou, neste momento, a Xunta de Galicia xa está a tramitar os primeiros proxectos industriais estratéxicos: a planta de hidróxeno verde que Reganosa e EDP Renovables proxectan nas Pontes; e a proposta de Sentury Tire, que estudia instalar, tamén neste concello, unha fábrica de pneumáticos. En total, ambas as dúas iniciativas suman un investimento de case 700M€ para unha comarca necesitada de boas noticias que a leven a unha transición enerxética e industrial xusta.
Lamenta a falta de cogobernanza no deseño e planificación dos fondos europeos, que fai que as comunidades autónomas estean actuando como meros xestores administrativos das decisións que adopta o Goberno sen que estas axudas se axusten ás necesidades de Galicia
Por outra banda, son 15 as iniciativas empresariais declaradas como prioritarias ata agora en Galicia, que alcanzan un investimento total de 720M€. E, xunto con isto, tamén mencionou catro proxectos tractores vinculados ás enerxías renovables e que, ao igual que os anteriores, son susceptibles de ser apoiados polos fondos europeos: a fábrica de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei, o polo de economía circular de Ence nas Pontes, a planta de hidróxeno verde de Reganosa, Naturgy e Repsol en Meirama, e a planta de ensamblaxe de eólica mariña de Nervión Naval Offshore no porto exterior de Ferrol.
Conde subliñou, polo tanto, que o compromiso de Galicia coa mellora regulatoria para captar novos investimentos é máximo. E que o fai, ademais, involucrando neste obxectivo ás administracións locais, a través da figura dos Concellos Emprendedores que, actualmente, son preto da metade dos municipios galegos (152).
O vicepresidente económico remarcou o compromiso que as administracións deben ter co tecido empresarial que, neste momento, se enfronta a retos tan complexos como a transición dixital e sustentable. E a incertezas derivadas da elevada inflación, o prezo eléctrico, o custo das materias primas e a falta de subministracións.
Por iso considerou que é fundamental xestionar con eficiencia e acerto os fondos europeos, un dos principais instrumentos para impulsar a recuperación e defender o sector industrial. Ao respecto, lamentou a falta de cogobernanza no deseño e planificación destas axudas, que fai que as comunidades autónomas estean actuando como meros xestores administrativos das decisións que adopta o Goberno que, en moitos casos, non se axustan ás necesidades de cada territorio, como é o caso de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60