Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 22:37:41 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 26 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Pontevedra acollerá o Primeiro Encontro de Políticas Públicas pola Igualdade Efectiva das Deputacións

A Deputación de Pontevedra organizará o Primeiro Encontro Anual de Políticas Públicas pola Igualdade Efectiva das Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares do Estado, tal e como se aprobou este mes en Madrid na reunión da Comisión da FEMP, que tamén deu luz verde á proposta da presidenta Carmela Silva para que este Encontro teña carácter regular, polo que se celebrará cada ano en diferentes cidades.

 

O primeiro Encontro celebrarase na provincia o 27 de outubro, xornada na que se presentará un informe coas políticas públicas das Deputacións de España. Contará, amais, coa celebración de diferentes mesas de análise das accións que están a desenvolver as institucións provinciais para o cumprimento do ODS 5 da Axenda 2030, e elaborarase un Manifesto conxunto en favor da igualdade e o obxectivo da axenda da paridade.

 

Na reunión en Madrid, Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares tamén avanzaron na reclamación para que no novo marco comunitario se contemple financiamento para o mundo local cara ás actuacións de mobilidade amable, sostible e segura que se fan nas vías provinciais, reclamación que se fará efectiva no próximo encontro da Subcomisión que se celebrará en Cáceres o 3 de outubro.

 

A reclamación está baseada na evidencia dos datos, xa que as institucións provinciais xestionan e actúan na maioría de infraestruturas en España, 67.000 quilómetros de viarios,  como é tamén o caso da Deputación de Pontevedra cunha rede  de 1.700 quilómetros e, polo tanto, é urxente que se habiliten recursos. De feito, a rede de estradas autonómicas no Estado é de 71.205 quilómetros, case a mesma porcentaxe que as Deputacións que non dispoñen do mesmo financiamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.