GALICIA
A Xunta organiza un dispositivo extraordinario de Protección Civil ante a vaga de lumes
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, reuniuse hoxe con alcaldes de concellos das provincias de Lugo e Ourense nos que se rexistraron os lumes para informarlles deste operativo posto en marcha por primeira vez ante a situación actual dos incendios na comunidade
A Xunta porá en marcha un dispositivo extraordinario de Protección Civil para prestar a atención necesaria ás persoas desaloxadas das súas vivendas ante a vaga de lumes, ademais do apoio necesario á veciñanza. Trátase da primeira vez que se organiza un operativo destas características tendo en conta a situación extraordinaria derivada dunha situación climatolóxica anómala, e así llo trasladou hoxe o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aos alcaldes dos concellos das provincias de Lugo e Ourense nos que se están a rexistrar os incendios, aos que solicitou a súa colaboración para trasladar á poboación os detalles deste operativo.
No marco deste dispositivo extraordinario crearanse equipos de voluntarios de Protección Civil integrados nos Postos de Mando Avanzados (PMA) da Pobra do Brollón e do Barco de Valdeorras, que contarán cun coordinador encargado de organizar os membros de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de toda a comunidade en labores de apoio e loxística.
A estes puntos deberán trasladarse as persoas desaloxadas por mor dos incendios e que precisan volver ás súas vivendas, tanto as que están aloxadas en pavillóns e lugares habilitados como en vivendas de familiares ou persoas achegadas.
Cómpre aclarar que non poderán facelo sos e deben acudir sempre aos dous puntos habilitados para solicitar entrar nas súas vivendas. Nesta liña, Diego Calvo apelou á concienciación da poboación para que comunique aos equipos de Protección Civil nos postos da Pobra do Brollón e do Barco de Valdeorras a axuda que precisen.
O dispositivo estará formado por equipos de voluntarios de Protección Civil nos Postos de Mando Avanzados creados nos municipios da Pobra do Brollón e do Barco de Valdeorras
Os traslados deste tipo terán que ser sempre autorizados polo posto de mando tendo en conta a situación dos lumes en cada momento. No caso de ser posible a visita, os efectivos de Protección Civil encargaranse de acompañar as persoas autorizadas a visitar os seus fogares co obxectivo de garantir a súa seguridade. Deste xeito, evítase que a cidadanía se poña en risco e que se lles ocasionen incidencias aos profesionais que traballan na extinción dos lumes mentres estes seguen activos.
Coordinación entre os efectivos
O vicepresidente segundo da Xunta trasladou esta información aos municipios afectados polos incendios en dúas reunións celebradas hoxe xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Un dos encontros levouse a cabo no PMA da Pobra do Brollón co alcalde deste concello e con representantes municipais de Folgoso, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil, así como coa responsable das AVPC da provincia de Lugo que se encargará da coordinación dos equipos de voluntarios desde este posto. Na outra reunión celebrada no PMA do Barco de Valdeorras participaron o rexedor deste municipio e representantes dos concellos de Carballeda, Vilamartín de Valdeorras, A Veiga e Rubiá.
Diego Calvo puxo en valor o traballo altruísta dos voluntarios das catro provincias que se trasladaron ás zonas afectadas para prestar un apoio imprescindible á cidadanía con labores complementarios ás tarefas de extinción. Tamén agradeceu a colaboración e coordinación entre os efectivos de emerxencias e os corpos de seguridade que levan traballando arreo estes días para controlar os incendios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217