Jueves, 07 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 22:37:41 horas

Xornal21.es
Jueves, 21 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Pazo de Mos acollerá unha nova actuación do programa “Música no Ar”

A soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo serán protagonistas do recital que se celebrará o sábado 30 de xullo no marco da programación “Con-Fiando Cultura”

[Img #76847]O Pazo de Mos  acollerá o sábado 30 de xullo, as 21.30 horas, unha nova sesión do programa “Música no Ar” que a Deputación ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia como pazos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos cheos de maxia e historia. As persoas interesadas en acudir a esta cita poderán asistir ser reserva, xa que a entrada é libre ata completar aforo.

 

O recital estará protagonizado polo dueto formado por Loli Crespo, soprano lírica, que estudou canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e Alejo Amoedo, pianista, especializado no repertorio de compositores galegos. Xuntos interpretarán “Baladas e zarzuelas galegas: os nosos poemas sobre músicas únicas”, un concerto no que atoparán obras de poetas como Rosalía de Castro, Aureliano Pereira, Salvador Golpe, Manuel Curros Enriquez, Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo ou o trobador medieval Martín Códax.

 

“Música no Ar”, enmarcado no amplo programa da Deputación, “Con-Fiando Cultura” ten como meta promover e garantir o acceso igualitario á cultura para todos e todas, amais de por en valor espazos da memoria, da arte e da identidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.