MOS
Política Lingüística trae a María do Ceo en concerto a Tameiga
Será o vindeiro sábado, 23 de xullo, con motivo do Día do Socio da A.C. San Martín en Costoias
O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou en Mos, no parque de Costoias, o concerto da fadista María do Ceo que a Xunta de Galicia financia a través da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, enmarcado na Xuntanza do Día d@ Soci@ da Asociación Cultural San Martín de Tameiga, que se celebrará o vindeiro sábado. Na presentación o Secretario Xeral estivo acompañado pola propia cantante protagonista do concerto, María do Ceo e pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, a deputada autonómica mosense e veciña da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez Carrera, e membros da directiva da A.C. San Martín.
A Asociación Cultural San Martín de Tameiga oraniza o seu Día d@ Soci@ o sábado 23 de xullo en Costoias. Tratarase dun encontro moi especial no que o público poderá gozar desde exposicións ata demostracións deportivas e musicais, maxia, teatro, un bo xantar e actuación estrela da fadista portuguesa María do Ceo.
A partir das 10.30 horas da mañá haberá exposicións de pintura, coiro, das Palilleiras de Mos e demostracións de Zumba e pandereteiras. A mañá estará amenizada musicalmente a cargo da “Charanga Os Charamujas”. Ás 14:00h celebrarase o xantar veciñal e, tras el, o “Mago Marco” ás 17:00h, e ás 18:00h, Teatro: “QUE2”.
A parte máis solemne da xornada chegará ás 19:30h cunha merecida homenaxe aos presidentes anteriores da Asociación Cultural San Martín de Tameiga.
Cara ao final da tarde, ás 21:30h, chegará o concerto de “María do Ceo – A Fadista”. Trátase da actuación estrela do día. Unha artista luso/galaica que dará un concerto de Fado e canción Galega no que achegará a todo o público asistente os vínculos coa Lusofonía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184