TOMIÑO
Violeta de Santiago repetirá como candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tomiño
A decisión adoptouse nunha xuntanza da Agrupación local á que asistiu o secretario xeral provincial, David Regades
O PSdeG-PSOE repetirá cartel electoral no Concello de Tomiño na confianza de lograr un importante avance nos seus resultados e de que o traballo realizado polas concelleiras socialistas dende a Oposición nestes últimos catro anos sexa valorado por unha veciñanza que ve nestas siglas unha garantía de defensa dos servizos públicos. Violeta de Santiago Moure volverá, deste xeito, a ser a candidata socialista.
A Agrupación Local tomiñesa celebrou unha xuntanza na que a decisión adoptouse de xeito unánime e na que participou o xeral provincial, David Regades. O máximo responsable do PSde-G-PSOE na provincia expresou a súa satisfacción por “poder ofrecer unha alternativa en Tomiño a partir dun grupo humano liderado por Violeta e que demostrou nestes catro anos o seu compromiso total e absoluto coa defensa da veciñanza a pé de rúa e a pé de parroquia”. Destacou neste senso o papel de liderado que Violeta de Santiago está a xogar no Tomiño á fronte da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública.
Violeta de Santiago seguirá “pelexando” para a constitución do Consello da Muller e de cara á posta en marcha do CIM
A candidata do PSdeG-PSOE subliñou que fará da transparencia, a responsabilidade e a lealdade institucional os seus principios programáticos transversais. Violeta de Santiago xa anticipou que se aveciña outro mandato municipal no que seguirá que seguir esforzándose “moi duro pola defensa da Sanidade pública, que en Tomiño, ao igual que en todo o Baixo Miño, está completamente desmantelada, nunha situación caótica que xera non só inxustiza, senón unha desatención cruel coa cidadanía”. “Un castigo”, engadiu, “nunha ampla zona do territorio da nosa provincia que se ceba especialmente co rural e vai xusto na liña contraria da consolidación da poboación nos concellos pequenos e no rural”.
Violeta de Santiago anunciou tamén que continuará mantendo un estreito contacto coa veciñanza das 15 parroquias e pelexando para que o Concello poña en marcha o Consello Municipal da Muller e dea os pasos necesarios para poñer en marcha un Centro de Información á Muller (CIM) que considera “imprescindible” nuns tempos nos que a violencia machista está a golpear con crueldade. “Pero o máis importante de todo é que o grupo socialista estará no Concello coas portas abertas e ao dispor das persoas, que son o máis importante, tanto pola nosa ideoloxía política como pola nosa maneira de ser”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163