Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

A mosense sobresaínte: graduada con 18 matrículas

Trátase de María del Carmen Barros, unha moza de Tameiga con formación 100% na ensinanza pública

Esta tarde celebrouse no Concello de Mos a recepción a María del Carmen Barros Serodio, unha moza recén graduada pola Universidade de Vigo que sobresae pola excelencia do seu expediente académico.

 

Na recepción a María del Carmen estiveron presentes, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira mosense de Política Social e Igualdade, Participación Cidadá, Cultura e Turismo, os pais da homenaxeada (Carmen Serodio e Antonio Barros) e demais membros da Corporación Municipal.

 

María del Carmen Barros é unha estudante oriunda de Mos, parroquia de Tameiga, que fixo a súa formación académica na ensinanza pública. Os primeiros anos da súa educación pasounos no CEIP Pena de Francia, a ESO e o Bacharelato cursounos no IES de Mos e a ensinanza superior na Universidade de Vigo. Nesta última graduouse en xuño deste ano en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, cunha nota media de 9,4488  e 18 matrículas de honra, unha delas no traballo de fin de grao; despois de acceder á universidade cunha nota de 13,110 sobre 14.

 

Barros tivo ademáis o mellor expediente académico de bacharelato do IES Mos do ano 2018 (vixésima promoción) cunha nota media de 9,210.

 

Co seu tesón, traballo e perseverancia, María del Carmen quere ser exemplo de que calquer persoa, con esforzo e ilusión, pode - independientemente da seu orixe social e dende a ensinanza pública- acadar os maiores logros na súa formación e oportunidades de futuro.

 

Desde o Concello de Mos quérese dar visibilidade a este caso pola súa importancia, trascendencia e relevancia; para dárlle a valía que merece a esta moza, ao tempo que pon en valor a ensinanza pública en xeral, e os centros de ensinanza públicos de Mos en particular, así como animar ás xeracións actuais e futuras a que con esforzo todo se acada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.