GONDOMAR
A Xunta transfire ao concello de Gondomar varios treitos da PO-331, PO-332 e PO-340
Estes treitos carecen de funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas de Galicia, polo que a súa titularidade se transfire ao Concello, tras a súa solicitude
O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de varios treitos antigos das estradas PO-331, PO-332 e PO-340, xunto coa súa franxa de dominio público viario asociado.
Entre estes tramos obxecto da transferencia atópanse algunhas das rúas principais do núcleo urbano da capitalidade do concello, como son a rúa Ángel Urzáiz, Eduardo Iglesias e un treito da avenida de Elduayen.
O Concello de Gondomar solicitou á Xunta a transferencia dos tramos antigos das citadas estradas autonómicas, que suman algo máis de 2 quilómetros.
Estes treitos carecen de funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas de Galicia, polo que reúnen as condicións necesarias para que a súa titularidade lle sexa transferida ao Concello de Gondomar.
A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.
Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Consello da Xunta o Concello terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168