Jueves, 22 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Espectáculo de baile e música tradicional en Mos da man de O Fiadeiro

Terá lugar mañá no Pazo de Mos dentro do programa Xacobeo 21.22 da Xunta de Galicia

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou esta semana en Mos, na contorna do Pazo, xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiroo, o espectáculo de O FIADEIRO que se celebrará mañá nesa mesma ubicación.

 

A Xunta de Galicia, dentro do programa Xacobeo 21.22, trae ao Pazo de Mos mañá 23 de xullo ás 21.30h o espectáculo O FIADEIRO.

 

O FIADEIRO

 

A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (ACF O Fiadeiro) nace no ano 1996 co propósito de recoller, conservar e transmitir ás novas xeracións o legado da cultura inmaterial da tradición galega.

 

O seu obxectivo principal é a recolleita de material etnográfico directamente das súas fontes que son, fundamentalmente, a tradición oral e musical. É dicir, recoller as formas de baile e as diferentes danzas, a tipoloxía e morfoloxía das prendas de vestir e os seus usos e formas de portar, a socialización no lecer e no traballo, nos costumes, etc.

 

Con todos estes datos, faise un traballo de recompilación, estudo e arquivado para a súa posterior difusión mediante dúas canles paralelas e complementarias, mais confluentes nos obxectivos, a Agrupación e a Escola de O Fiadeiro. Deste xeito a Agrupación é a encargada de difundir a nosa cultura en forma de espectáculos, representacións, demostracións, etc., e a Escola a que procura aprender toda esa información a toda persoa desexosa de coñecela.

 

Buscando que esta tradición sexa proxectada a un amplo público, O Fiadeiro ofrece diversos espectáculos nos que transmite, o máis fielmente posible, as melodías, os cantos e os bailes tradicionais da nosa cultura, tentando dotar a cada interpretación dun interesante grao didáctico e vinculando cada unha aos usos e costumes tradicionais do noso pobo, sen renunciar a unha escenografía de grande forza e beleza estética.

 

Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro, pretende dar mostra do seu amplo repertorio no escenario. Para esta proposta, contará cún repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento.

 

Creando en 1 hora un espectáculo único, espontaneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais.

 

Para esto, O Fiadeiro, contará có grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe e observe a riqueza do noso patrimonio inmaterial. Os temas que interpretarán serán variados, en canto a ritmos e formacións.

 

DANZA 3

 

As agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos presentan “Danza 3”, un proxecto arredor do folclore que desenvolve tres espectáculos de música e baile tradicional co obxectivo de visibilizar o baile e a música tradicionais de Galicia e achegalos ó público.

 

As 3 asociacións están dedicadas, desde a súa fundación, á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia.

 

O proxecto reúne as claves que fundamentaron a recuperación do folclore galego e a súa consideración como un conxunto de saberes intrinsecamente valioso (o traballo de campo, a compilación de material videográfico, a edición e publicación de discos e monografías baseados neste material, etc.) cos elementos que cabe atopar detrás do concepto de espectáculo: deseño escenográfico, recurso a equipos técnicos de luz e son, elaboración detallada da posta en escena...

 

Desde o inicio do proxecto no ano 2008, os sucesivos espectáculos de cada agrupación percorreron Galicia coa colaboración das diversas administracións públicas galegas (Consellería de Cultura, AGADIC, Xacobeo), contribuíndo así á difusión e divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia, e proporcionando ao público unha información fundamental para que poida comprender e valorar na súa xusta medida a importancia do noso patrimonio inmaterial. Durante estes últimos 12 anos, as 3 agrupacións levaron os seus espectáculos en diferentes formatos por máis de 180 concellos de Galicia, nun circuíto definitivamente consolidado grazas ó afianzamento dunha imaxe propia respaldada polos concellos participantes e polas institucións autonómicas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.