Domingo, 08 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 08 de Marzo de 2026 a las 09:06:19 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 27 de Julio de 2022 Tiempo de lectura:
Nigrán

Ioga en Patos

O director e fundador do Centro Sananda en Vigo, pioneiro en España na práctica desta disciplina, impartirá este xoves e o 9 e 30 de Agosto unha clase maxistral gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar

A maxia da praia de Patos para acadar unha paz espiritual e física regresa este xoves ao areal a partir das 20:30 horas nunha nova sesión de 'Ioga e meditación no Solpor' a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo. O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse ás 20:30 horas no areal (altura da caseta de Protección Civil) cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar. As citas con 'Ioga e Meditación no Solpor' regresarán o 9 e 30 de agosto no propio areal e sempre ás 20:30 horas para que coincida co sorprendente solpor de Patos.

 

"A primeira sesión do 12 de Xullo deixou imaxes e sensacións espectaculares; a combinación do enclave coa propia actividade é verdadeiramente marabillosa", considera o alcalde, Juan González.

 

"Queremos de maneira desinteresada e altruista ofrecer este encontro na busca de maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda”, invita Madhana Agulla, gran mestre acostumado a impartir cursos a nivel internacional e formado co profesor Rama Chandra Filosofía na India na Universidade Mysore.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.