Salvaterra de Miño
Salvaterra renova luminarias antigas por led
Co fin de mellorar rede de alumeado público, de ser máis eficientes e levar a cabo unha renovación importante da extensa rede existente, o Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Concellos e por un valor de máis de 14.000€, ven de renovar luminarias antigas por led, novos brazos metálicos, postes de formigón e cableado en varios puntos, en Burguete e A Serralleira en Corzáns, A Carqueixa en Fiolledo e A Roda en Meder.
Esta acción únese as levadas a cabo tanto no Centro Urbano como en outras parroquias por parte do Concello. Ademais está en tramitación un proxecto de máis de 2 millóns de euros para o cambio a led de todas as parroquias.
Estas melloras feitas a través do Plan Concellos encáixanse dentro das liñas do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible deste Concello. Acción que consiste na instalación de 34 novos puntos led exterior de 30W de potencia, que axudan a baixar o consumo, 22 novos brazos galvanizados e demais material necesario para modernizar e adaptar a liña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217