Domingo, 08 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 08 de Marzo de 2026 a las 09:06:19 horas

Xornal21.es
Martes, 02 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Espazo Fest únese á programación do Xacobeo 21-22 con cinco concertos este mes

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora do festival, María Baltar, presentaron o cartel que lle porá música ás noites de verán en Nigrán

Este mes de agosto a música en Nigrán correspóndelle a Espazo Fest e ao Xacobeo 21-22 cun cartel de concertos que subirá ao escenario dos pazos de Cea e Urzaiz a artistas da talla de Immaculate Fools, Taburete ou Soto Asa, tal e como  avanzaron a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora do Festival, María Baltar, e os representantes dos pazos.  


”A Xunta de Galicia deseñou un espectáculo descentralizado dando protagonismo ao carácter global dun evento internacional como é o Xacobeo 21-22, espallando a música e a cultura por todos os concellos e reforzando así a sona internacional que o Ano Santo dá a Galicia”,  sinalou Fernández-Tapias durante a presentación no Pazo de Urzáiz. Unha oferta musical que, incidiu, “está a ser un éxito de crítica e público”.


Polos pazos de Nigrán pasarán a partir da vindeira semana bandas e artistas da talla de Immaculate para presentar o seu último traballo, ‘Stardust and Water’. Será o 4 de agosto no Pazo de Urzaiz e estará acompañada  pola banda local The Mirror en formato dúo, na liña do festival de visibilizar tamén ás bandas locais.

 

 

 

 

Immaculate Fools, Taburete e Soto Asa serán os primeiros en subirse a un escenario polo que tamén pasarán Pol 3.14, The Soul Jacket, The Mirrow, Roma e Sara Casas

 

 

 


Ao día seguinte, o fenómeno Taburete que asolagará o Pazo de Cea sendo esta unha das citas máis esperadas do verán en Nigrán e a única neste pazo. Ademais, a artista Roma abrirá para eles esa noite. O 6 de agosto, Soto Asa, unha das rutilantes estrelas da música urbana actual, quen xa ten colaborado con Yung Beef ou Bad Gyal. O 12 de agosto será a quenda de Pol 3.14, o artista que se converteu nun fenómeno de masas co tema ‘No Time’, que funcionou como banda sonora da última temporada da popular serie ‘La Casa de Papel’.


O ciclo pecharase o sábado 13 de agosto a cargo da vibrante banda de soul viguesa The Soul Jacket, que presentarán o seu novo traballo, ‘Kick Radio’, un ecléctico e divertido paseo musical que nos transporta á radio americana de finais dos sesenta.


Espazo Fest naceu o pasado ano como unha alternativa ao aire libre, para poder gozar os concertos malia as restriccións da pandemia. O concepto do festival pasa pola música nos xardíns dos pazos de Nigrán cunha conexión coa gastronomía e o património. A proposta do festival é vivir unha experiencia singular na que a música sexa un reclamo para achegarse a ese tesouro pouco coñecido que é o patrimonio arquitectónico dos pazos.


Todas as entradas están á venda a través de espazofest.com e teuticket.com, e as localidades para o concerto de Taburete van camiño de esgotarse.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.