Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 02 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP pecha o curso político en Ponteareas solicitando unidade

Os populares festexaron o peche de curso político, despois de cancelar este tipo de encontros durante dous anos debido á pandemia

O Grupo Municipal do PP celebrou este domingo un xantar popular con máis de 240 asistentes para pechar este curso político e lembrar que todos deben ter a mirada posta nas próximas municipais de 2023. A cita celebrouse no parque Bouza Vella, en Ganade, que Villar citou como exemplo de bo facer “o mantemento que fai aquí a Comunidade de Montes de Areas é o que o bipartito non realiza no resto do noso pobo”.

 

Villar lembrou que só unidos poderase vencer ao bipartidismo que Ponteareas leva sufrindo desde hai 7 anos e que supuxo un atraso evidente e manifesto para a Vila do Tea. “ O noso proxecto está aberto a todos. O noso obxectivo é ter unha maioría suficiente para devolver a Ponteareas un Goberno serio e dialogante”.
Villar agradeceu ás persoas que se uniron nos últimos meses de formacións como ACIP e Cidadáns ao proxecto popular e tamén ás persoas que se afastaron nos últimos anos do PP e agora decidiron volver á que “é a súa casa”. “Grazas de corazón pola vosa valentía e por integrarvos neste proxecto que é o dos veciños, o da nosa terra, Ponteareas”.

 

 

 

 

A portavoz e presidenta Belén Villar estivo arroupada por máis de 240 veciños de Ponteareas e por cargos do PP como Alberto Pazos, Secretario de Organización do PP de Galicia e o alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo

 

 

 

 

Villar resaltou como prioridades a finalización do saneamento, a recuperación integral da Freixa, voltar abrir Ponteareas equilibrando os dereitos dos peóns e vehículos, o emprego local e desbloqueo de chan industrial, a baixada ou conxelación dos impostos, a recuperación de todos os servizos sociais que o bipartito deixou abandonados: residencia, auditorio, escola infantil, centros culturais, Pardellas, etc, unha alternativa de lecer e cultura para os máis novos e ofreceu un goberno dialogante , fronte aos que agora só practican o monólogo”.

 

Os populares consideran que son a única alternativa real ao actual bipartito e que a división de voto só vai beneficiar a BNG –PSOE por iso chaman á unidade para desaloxar do consistorio a un bipartito que estivo “máis preocupado en subirse o salario en plena pandemia que en resolver os problemas dos ponteareáns”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.