VIGO
A Xunta contrata o anteproxecto do novo instituto de Navia
Fernández-Tapias reitera ao alcalde por carta que axilice a formalización do convenio porque de non facelo sería inviable a licitación do proxecto de construción e suporía a perda da dotación económica prevista nos Orzamentos a Xunta deste ano
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tappias, informou de que o Executivo autonómico ten xa contratado o anteproxecto de construción e o estudo topográfico do novo instituto IES de Navia, mentres sigue á espera de que o Concello vigués formalice o convenio para a cesión dos terreos, condición necesaria para a súa execución.
Así pois, a Administración galega continúa coa folla de ruta para avanzar nesta nova infraestrutura educativa que suporá un investimento estimado de 12M€ de fondos autonómicos. “Nestes momentos -advertiu Fernández-Tapias- o anteproxecto é o único paso adiante que pode ir dando a Administración autonómica mentres o Concello non asine dito acordo”.
O anteproxecto de edificación, que estará concluído a finais de outubro, é a fase na que os técnicos fixan os aspectos funcionais, formais, construtivos e económicos da obra co obxecto de proporcionar unha primeira imaxe global da mesma e establecer un avance orzamentario. Isto é, trátase dun esbozo dunha solución construtiva concreta posterior ao estudo preliminar previo de necesidades, que xa se está ultimando.
A delegada territorial sinala que o Goberno galego continúa avanzando no proceso para facer realidade canto antes esta infraestrutura educativa esencial para a cidade
Paralelamente, a través dunha misiva, a delegada territorial vén de solicitar ao alcalde que axilice a formalización do convenio para a posta a disposición dos terreos e, deste xeito, poder continuar coa licitación e redacción do proxecto construtivo e a adxudicación das obras. Tal e como lle lembra Fernández-Tapias ao mandatario vigués, “a non sinatura do mesmo faría inviable a licitación do proxecto de construción e a conseguinte perda da dotación económica prevista nos Orzamentos a Xunta deste ano, o que poría en risco o proxecto”.
Cómpre lembrar que o pasado 28 abril a Xunta de Galicia remitiu ao Concello vigués a proposta dun convenio de colaboración para a cesión de terreos que agora xa son propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), así como para garantir os permisos municipais necesarios para acometer as obras.
Compromiso firme
O encargo do anteproxecto de edificación é unha proba máis do compromiso do Goberno galego con esta infraestrutura para a cal xa se dispón do instrumento urbanístico e do orzamento. A partir de agora, para axilizar os trámites e proceder canto antes á licitación do proxecto, cómpre a colaboración por parte do Concello de Vigo, que debe adherirse á proposta de convenio que lle foi remitida hai meses.
De acordo co plan funcional inicial, o novo instituto terá capacidade para arredor duns 700 alumnos e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 metros cadrados construídos sobre unha parcela de 12.576 metros cadrados totais.
Esta nova infraestrutura estará deseñada seguindo as especificidades académicas, tecnolóxicas e de sostibilidade recollidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta para todas as actuacións que se acometen en centros educativos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57