Lunes, 09 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 08 de Marzo de 2026 a las 19:49:59 horas

Xornal21.es
Jueves, 04 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán pecha todas as duchas e lavapés das praias

"Ante os datos preocupantes e a falta de previsión de choiva decidimos sumar xa esta outra medida de aforro e concienciación", explica o alcalde, Juan González, quen estima aforrar así 25.433 litros ao día

O Concello de Nigrán pechou onte todas as duchas e lavapés das súas praias ante a situación de seca prolongada. Esta medida de aforro e concienciación súmase ás iniciativas tomadas xa a mediados de Xullo (cando se limitou o caudal das duchas, se eliminaron os baldeos da vía pública e se restrinxiron os regos ao mínimo imprescindible para que sobrevivan as árbores e prantas). Igualmente, o Concello difundirá desde hoxe mesmo unha campaña en colaboración con Aqualia na que se dan consellos á veciñanza para un uso responsable da auga no eido privado e editará un bando na mesma liña.

 

"Ante os datos preocupantes e a falta de previsión de choiva decidimos sumar xa esta outra medida de aforro e concienciación", explica o alcalde, Juan González. O Concello estima evitar a perda dun total de 25.433 litros ao día e 2.289 metros cúbicos en todo o que queda de periodo estival pechando as 26 duchas e 10 lavapés de todas as súas praias (Praia América-Lourido, Panxón, Patos, Cansadoura, Prado, Madorra, Area Fofa e Arribas Brancas). "Unha pegatina en cada unha advirte de que están clausuradas pola situación de seca, iso tamén axuda a que á xente tome conciencia da realidade e aplique medidas na súa propia casa", engade González.

 

O abastecemento de Nigrán depende do encoro de Zamáns, atopándose actualmente ao 63,45% (dato do 1 de agosto) e baixando unha media de 0,52€ ao día. Esta cifra actual de almacenamento é idéntica á rexistrada o pasado 27 de setembro, por iso se fai necesario xa emprender medidas no eido público pero tamén cada un na súa propia casa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.51

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.