Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21.es
Viernes, 05 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O certame de pintura Antonio Fernández cumpre dez anos

Celebrarase o domingo 21 de agosto de forma simultánea nas vilas fronteirizas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira

O Certame de Pintura ao aire libre Antonio Fernández chega á súa décima edición. O concurso de pintura ao aire libre, que nos primeiros anos se celebrou só do lado tomiñés, cruzou o río Miño da man da Eurocidade Cerveira-Tomiño, entidade organizadora na actualidade. A cita do décimo aniversario será o domingo 21 de agosto próximo.

 

A inscrición, gratuíta e por rigorosa orde de anotación, estará aberta ata o 19 de agosto (inclusive), a través dos formularios habilitados na páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomino (https://eurocidadecerveiratomino.eu/actividades).

 

As persoas inscritas deberán presentarse o día do certame entre as 9.30 e 11.30 horas (8.30 e 10.30h de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández, situada a carón da praza de Goián (Tomiño), co obxecto de que a organización sele e numere o soporte das obras.

 

 

 

 

O evento internacional conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Comunidade de Montes de Goián e da Fundação Bienal de Arte de Cerveira

 

 

 

 

Todas as persoas participantes poderán crear as súas pinturas nos espazos situados na contorna da parroquia de Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira (Portugal), conforme ás zonas indicadas no mapa que se entregará.
Un ano máis, o tema do certame será calquera paisaxe (que cada participante escolla) do percorrido establecido no plano antes mencionado.

 

O procedemento creativo e a técnica de pintura, porén, serán libres, sempre que a obra se realice in situ, ao aire libre, e inspirada no medio físico natural, non en fotografías, debuxos, etc.


Premios
Establécense os seguintes premios:
Categoría adultos (a partir de 18 anos):

1º Premio: 1.500 euros.
2º Premio: 500 euros.
3ª Premio: 500 euros.


Categoría infantil (ata 11 anos):
1º Premio: Diploma e bono por valor de 50€ para gastar na Bienal de Cerveira.
2º Premio: Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 25€.
 
Categoría xuvenil (12 a 17 anos):
1º Premio: Diploma e bono por valor de 100€ para gastar na Bienal de Cerveira.
2º Premio: Diploma e material de debuxo e pintura por valor de 50€.

 

Na categoría adultos o 1º premio será con cargo ao orzamento do Concello de Tomiño; o 2º Premio correrá a cargo da Comunidade de Montes de Goián; e o 3º, a cargo da     Fundação Bienal de Arte de Cerveira. Nas categorías infantil e xuvenil os primeiros premios correrán a cargo da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e os segundos, do Concello de Tomiño.

 

As bases completas poden consultarse na páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.