VIGO
Vigo aprobará 250.000 euros para a promoción de Illas Cíes Patrimonio da Humanidade
Tamén está previsto que o goberno local este á xoves en Xunta de Goberno a convocatoria de subvencións para o fomento do emprego mediante proxectos relacionados coa investigación e innovación
Abel Caballero adiantou que a Xunta de Goberno aprobará o convenio de colaboración coa Fundación Convention Bureau para dar continuidade á difusión e promoción nas actuacións da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. O importe ascende a 250.000 euros.
O rexedor manifestou “seguir na difusión e promoción con diferentes accións”. Entre elas, Caballero citou Desafío Audiovisual Illas Cíes, o programa Cíes Talent, Concurso #SientoCíes, cuadernillos temáticos, banners e microsite promocional e a adhesión de Vigo á Spain Film Commision.
Subvencións emprego
A Xunta de Goberno tamén aprobara unha liña de subvencións ao emprego mediante proxectos relacionados coa investigación e innovación. Segundo explicou o alcalde en declaracións remitidas aos medios, será para proxectos desenvolvidos entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2022. O importe é de 40.000 euros.
As axudas están dirixidas a proxectos de tecnoloxías da comunicación, automoción, industria naval, enerxías renovables... entre outras. Segundo explicou Caballero, o obxectivo é facilitar a adquisición de experiencia, fomentar actividades ocupacionais e a investigación e desenvolvemento dos proxectos.
O plazo de presentación das solicitudes será durante 10 días hábiles logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57