MOS
O BNG reclama unha reforma "máis ambiciosa" para a estrada Mos-Puxeiros
Dende o BNG explican que "a reforma da estrada provincial EP-2601, que vai da parroquia de Mos ao alto de Puxeiros, é unha vella reivindicación da veciñanza. As carencias en materia de seguridade viaria, principalmente para as persoas que camiñan pola beiravía, son evidentes, pero o proxecto que se empezou a executar esta mesma semana", en opinión do BNG, "non ofrece solucións aos numerosos problemas actuais". O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, reclamou no pleno unha revisión do proxecto antes do inicio das obras.
Expropiacións
Gustavo Barcia cre que "as escusas da alcaldesa poñen de manifesto a absoluta falta de visión de futuro do Partido Popular, así como a súa concepción curtopracista da acción de goberno”. O concelleiro do BNG entende que “a expropiación ten que ser o último recurso”, pero lembra que “esa figura creouse precisamente para casos coma este, nos que debe prevalecer un ben superior, como é a mellora da seguridade para vehículos e viandantes nunha estrada moi transitada”.
Gustavo Barcia lamenta “o curtopracismo” do PP de Nidia Arévalo e considera que algunhas obras do último mandato son “chapuzas sen visión de futuro”
De acordo co plan de execución das obras, cofinanciadas polo Concello e a Deputación de Pontevedra, a primeira fase desenvolverase na parroquia de Mos e esta é a única parte do proxecto da que se coñecen todos os detalles ata o momento. Non se contempla, en ningún caso, a ampliación da anchura da vía nin a construción de beirarrúas. Simplemente se crea unha senda peonil pola marxe e o BNG xa advertiu dos problemas derivados da falta de ambición do proxecto. “Na zona da igrexa vai desaparecer a pouca banda de aparcamento que existe e, tendo en conta a cantidade de actos que se realizan na contorna isto pode ser contraproducente”, indica Barcia. Sinala, ademais, que “o aparcadoiro do Pazo non é público, senón que pertence á Comunidade de Montes de Mos, e o Concello non pode pensar en dispoñer del coma se fose seu”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149