Lunes, 09 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 18:27:32 horas

Xornal21.es
Domingo, 07 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A Mancomunidade do Val Miñor amplía a 30 o número de socorristas

"Levamos xa dous anos ofrecendo gratuítamente desde o Concello de Nigrán o curso obrigatorio para obter o certificado de profesionalidade polo problema de cada tempada para cubrir a demanda e aquí están os resultados", explica o alcalde e presidente da Macomunidade, Juan González

A Mancomunidade do Val Miñor incorporou a semana pasada a 6 novos socorristas que se suman aos 24 (23 + 1 coordinador) que xa como cifra record traballan desde o 1 de Xullo, conformando en total unha plantilla de 30 profesionais (o total do requirido) para atender as praias de Baiona e Nigrán durante todo o verán. Deste xeito, e tras a convocatoria por parte do Concello de Nigrán de catro cursos gratuítos para que a veciñanza en paro obtivese o certificado necesario, ponse fin na comarca a crise de cada ano en todos os municipios costeiros de Galicia para poder completar o persoal necesario. 

 

"Levamos xa dous anos ofrecendo gratuítamente desde o Concello de Nigrán o curso obrigatorio para obter o certificado de profesionalidade polo problema de cada tempada para cubrir a demanda e aquí están os resultados", explica o alcalde e presidente da Macomunidade, Juan González, quen subliña que estes cursos foron convocados desde o Concello e dirixidos a veciños de Nigrán desempregados que, agora, están a traballar. “Trátase dun certificado de profesionalidade moi demandado e cun custe económico alto tendo en conta que o traballo é moi estacional, ese era o motivo polo que había escasos socorristas coa titulación válida para exercer o seu traballo nas praias de toda Galicia", engade.

 

 

 

 

"Levamos xa dous anos ofrecendo gratuítamente desde o Concello de Nigrán o curso obrigatorio para obter o certificado de profesionalidade polo problema de cada tempada para cubrir a demanda e aquí están os resultados", explica o alcalde e presidente da Macomunidade, Juan González

 

 

 

 

Así, na primeira convocatoria de finais de Xuño realizada desde a Mancomunidade do Val Miñor superaron as probas os 24 presentados (número xa suficiente para ofrecer o servizo con todas as garantías en Nigrán e Baiona) e agora con estes 6 novos profesionais da segunda convocatoria complétanse os 30 que se pretendían cada ano sen éxito. 

 

Así, desde o 1 de Xullo ata mínimo o 30 de agosto (se a climatoloxía é favorable se ampliará ata o 15 de setembro) Praia América conta con 3 postos de socorrismo repartidos entre Lourido- zona central e Panxón, e Patos un posto. Estes estarán opertativos de 12:30 a 20:00 horas e atendidos como mínimo por 2 socorristas e 2 voluntarios de Protección Civil.

 

"Anualmente se repetía o problema de falta de socorristas en toda Galicia coa titulación requirida, polo que ofrecer este curso gratuíto desde o Concello foi un acerto para garantir a calidade asistencial nas nosas praias e, eo mesmo tempo, para favorecer a empregabilidade da xente nova de Nigrán", explica o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.