Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 06 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Política Lingüística trae a Roi Casal en concerto a Herville

Será o vindeiro sábado, 6 de agosto, con motivo da Festa da Virxe das Neves

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou onte en Mos, na Virxe das Neves de Herville, o concerto de Roi Casal, Son Galego, Son Cubano, que a Xunta de Galicia financia a través da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 

Na presentación o Secretario Xeral estivo acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e membros da Comisión de Festas da Virxe das Neves de Herville que hoxe celebra o seu día grande.

 

O concerto terá lugar, con entrada libre e totalmente de balde, en Herville este sábado, 6 de agosto, ás 23.30 horas da noite. Son galego, Son cubano é o gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia. Xurde como proposta do Instituto Cubano da Música a Roi Casal, tras recibir o artista galego o Premio Internacional Cubadisco
2014 na illa caribeña.

 

Durante os dous anos seguintes, Roi Casal traballou conxuntamente con Neira Vilas, un dos escritores galegos máis importantes de todos os tempos, na concepción e elaboración deste proxecto internacional.

 

No disco, grabado na Habana en Marzo de 2016, participaron os algúns dos mellores músicos cubanos como Pablo Milanés, Laritza Bacallao, Miguel Núñez, Osmani Sánchez, Jorge Jorge Leliebre, César López... e da parte galega, figuras destacadas como Nando Casal (Milladoiro) ou Carlos Calviño.


A xira estreouse con dous concertos antolóxicos no Gran Teatro de La Habana en doble función os dias 27 e 28 de Maio, coas máis de 3.000 localidades esgotadas nas duas funcións.

 

Actualmente atópase de xira en Europa, cunha banda excepcional de músicos de Cuba e Galicia, no que é considerado o maior espectáculo entre a península e o caribe.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.