GALICIA
A Xunta destinará 11 millóns de euros ás pemes e autónomos galegos
A Xunta de Galicia lanza unha pioneira liña de apoios que inclúe por primeira vez a solicitude conxunta de axudas e préstamos parcialmente reembolsables
Enmarcado na Axenda financeira 2022, o programa está dirixido a pemes e autónomos e, cun orzamento que acada os 11 millóns de euros, busca mellorar a súa competitividade a través do financiamento de novas iniciativas, potenciar o mantemento e creación de emprego e favorecer o desenvolvemento da innovación
O Consello da Xunta avaliou a próxima posta en marcha do programa Galicia inviste, que sumará 11 millóns de euros na procura de promover a competitividade de pemes e autónomos galegos. A principal novidade desta liña, que se enmarca na Axenda financeira 2022, é que, por primeira vez, ofrece a posibilidade de solicitar conxuntamente axudas e préstamos para o financiamento de proxectos –ofrecendo a opción de pedir créditos parcialmente reembolsables–, na procura de potenciar o mantemento e creación de emprego, a innovación e o impulso de novas iniciativas empresarias.
Poderán optar autónomos e pequenas e medianas empresas dos seguintes sectores: industrial; tratamento, eliminación e valorización de residuos; industria cinematográfica e das telecomunicacións; industria manufactureira; sector do aloxamento; e proxectos de carácter innovador (acreditado pola Axencia Galega de Innovación) de calquera sector, agás os excluídos pola regulamentación comunitaria.
Neste marco, o programa prevé tres grandes liñas de actuación: unha centrada nos proxectos de investimento empresarial, outra que atende iniciativas de mellora do sector de aloxamento, e a última, que pon o foco en investimentos en equipamento produtivo.
Así, no contexto da primeira liña promoveranse a creación de novos establecementos, a ampliación da capacidade dos existentes, a diversificación da súa produción e os cambios nos procesos globais da propia produción. No relativo ao sector de aloxamentos, apoiaranse a creación de novos establecementos hoteleiros, a ampliación da capacidade dos existentes e a súa modernización. E no eido do equipamento produtivo, facilitarase a ampliación de capacidade dun establecemento existente e os investimentos en bens de equipamento.
Os apoios cobren proxectos desde 25.000 ata 900.000 euros, chegando ao 35 % dos investimentos no caso das pequenas empresas e ao 25 % para as medianas
O apoio da Administración autonómica, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, cobre proxectos desde 25.000 ata 900.000 euros no caso desta terceira liña –e desde 50.000 ata 900.000 € nas outras dúas–, chegando ao 35 % dos investimentos no caso das pequenas empresas, e ao 25 % para as medianas. A gran novidade será cando as solicitudes de axuda teñan un investimento subvencionable superior a 500.000 euros, xa que se poderá pedir un préstamo parcialmente reembolsable para o seu financiamento, correspondéndose o tramo non reembolsable coa axuda concedida.
Deste xeito, a Xunta pretende dar resposta coordinada ás necesidades financeiras das pemes, facilitando á vez axudas e préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial. De feito, esta convocatoria forma parte da Axenda financeira 2022 de Galicia coa cal o Goberno galego prevé mobilizar ao longo do ano 400M€ para contribuír á reactivación económica e mellora da competitividade do tecido empresarial.
Balance do Galicia inviste
Ao abeiro deste programa, xestionado a través do Igape, desde o ano 2018, apoiáronse máis de 280 proxectos, mobilizando investimentos por valor de máis de 100M€. Estes datos reflicten o compromiso da Xunta de Galicia co tecido empresarial, en particular coas pequenas e medianas empresas e cos autónomos, na procura de facilitar o aceso a axudas e financiamento que precisan para realizar os seus investimentos e potenciar así o xeración de emprego, a innovación e a creación e posta en marcha de proxectos empresariais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217