REDONDELA
Os accesos á Praza de Ponteareas estarán pechados ao tráfico rodado
A alcaldesa subliña que “se entra nas últimas fases da remodelación dunha das principais portas de entrada ao casco urbano” e agradece a colaboración cidadá “que entende que son inconvenientes pasaxeiros para transformar a zona nun lugar de uso para a cidadanía”
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Tráfico e Seguridade que dirixe Nacho González, vén de poñer en coñecemento de toda a veciñanza que os vindeiros martes e mércores, 9 e 10 de agosto, procederase ao peche do tráfico rodado na contorna da Praza de Ponteareas. O peche permitirá que se desenvolvan, coa maior rapidez posible, as obras de asfaltado da antedita praza.
Por mor das restricións de tráfico, as paradas dos autobuses Pontevedra-Vigo e Vigo-Pontevedra, cambiarán durante eses dous días o seu lugar habitual e quedarán situadas na Avenida de Santa Mariña, á altura dos semáforos; na entrada á casa cuartel da Garda Civil e na N-550 preto do comercio de bicicletas existente na zona (Hobbybike).
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que con estes traballos “entramos nas últimas fases da remodelación dunha das principais portas de entrada ao casco urbano”. A rexedora redondelá agradeceu “á colaboración da veciñanza que vive na zona obxecto das obras” que, segundo Digna Rivas “é perfectamente consciente que os inconvenientes que teñen este tipo de obras quedarán compensados con creces cunha zona humanizada e de esparexemento para as veciñas e veciños”.
Redondela, di a rexedora local, “non pode quedar atrás na tendencia europea de que as vilas e cidades sexan, cada día máis, das persoas e non dos vehículos” e, unha vez rematados os traballos, a veciñanza da contorna contará con espazos para o estacionamento”
Obras de Fomento de mantemento do paso elevado
Doutra banda o Mitma (Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) comunicou ao Concello de Redondela que dende o vindeiro martes, 9 de agosto e durante unha semana, estará pechado o tráfico de vehículos por debaixo do paso elevado coñecido como o scalextric. O motivo do corte é o de realizar traballos de mantemento e conservación nesa infraestrutura viaria dependente do Ministerio.
O tráfico rodado de vehículos lixeiros en dirección ao centro de saúde farase a través da Avenida Santa Mariña e tomando á desviación para o campo de fútbol do Choco e a zona escolar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148