Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Xornal21.es
Martes, 09 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Un neno saharauí pasará o verán en Tui nunha familia de acollida

O alcalde recibiu no concello ao cativo que chega á cidade no marco do programa Vacacións en Paz de SOGAPS

Un neno saharauí de 8 anos, Yusef Abderrahman,  pasará o verán en Tui no seo dunha familia de acollida. Grazas ao programa Vacacións en Paz que organiza Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, SOGAPS, este cativo pasará os meses estivais na cidade.


O  alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu na casa do concello ao neno e a súa familia de acollida.  O rexedor tudense deu a benvida ao cativo e  o obsequiou cunha mochila e material escolar. Enrique Cabaleiro amosou o seu agradecemento á familia de acollida recoñecendo o inmenso labor social das familias que deciden compartir o verán coas cativas e cativos saharauís permitindo que vivan unha experiencia única que, sen dúbida, será enriquecedora para as dúas partes.


Engadía Enrique Cabaleiro que "a veciñanza de Tui é, e sempre foi, sensible e solidaria co pobo saharauí e hai que recoñecer o impagable labor das familias que, dando exemplo de cariño e xenerosidade comparten o seu tempo e os seus recursos cos nenos e nenas saharauís".


O Concello de Tui apoia e financia, cada ano, a iniciativa da asociación SOGAPS que fai posible este intercambio de vital importancia para os mais cativos do pobo saharauí.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.