REDONDELA
O Concello lamenta os actos vandálicos de que foi obxecto o campo de fútbol de Chapela
O Concello de Redondela lamentou hoxe os actos vandálicos de que foi obxecto o Campo de Fútbol de Chapela, propiedade da Comunidade de Montes da antedita parroquia “e prestará a súa colaboración para dar coa persoa ou persoas responsables dos feitos”.
“Tíñamos visto moita cousas –asegura a alcaldesa Digna Rivas– pero nunca tíñamos mirado que roubaran céspede dunha instalación deportiva” e é que a sorpresa dos responsables do campo foi maiúscula cando, chegados á instalación, decatáronse que no espazo comprendido entre a liña que delimita o rectángulo de xogo e o final do terreo, alguén tiña roubado un pedazo de céspede artificial de 10,20 m de longo por 2 m de ancho.
“Non se trata dun acto de gamberrismo xa que o céspede foi perfectamente cortado e cunhas medidas ben definidas”, afirma Digna Rivas quen, unha vez máis, chama á colaboración cidadá para poñer en coñecemento da Policía Local, Concello ou Comunidade de Montes, calquera pista que poida conducir á identificación do autor ou autores de tan lamentables feitos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148