Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Miércoles, 06 de Mayo de 2026 a las 10:25:00 horas

Xornal21.es
Lunes, 15 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Dezasete cooperativas da provincia recibirán achegas da Deputación para modernizarse

A Xunta de Goberno aproba as subvencións, que acadan un orzamento total de 234.142 euros e beneficiarán a cooperativas radicadas en 11 concellos

No marco da súa aposta polo impulso do sector primario, a Xunta de Goberno da Deputación referendaba o pasado venres a concesión das subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras da provincia, cun investimento total de 234.142 euros. Son achegas que beneficiarán a un total de 17 cooperativas de 11 municipios e que lles permitirán modernizar equipamentos e as súas instalacións.

 

En concreto, as achegas, cuxo importe vai desde os 899 e os 31.500 euros, irán a parara a cooperativas dos municipios de Barro (1); Cambados (1); Forcarei (1); Lalín (7); Meaño (1); Portas (1); Redondela (1); Ribadumia (1); Rodeiro (1) e O Rosal (2).

 

O maior número de entidades concéntrase na comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, onde recibirán achegas sete cooperativas de Lalín: Cobideza Sociedade Cooperativa, que percibirá unha achega de 30.654€ coa que poderá realizar investimentos na súa tenda social e na nave de garda da maquinaria; Aprodeza (5.873€), para a adquisición de ferramentas para a reparación do parque de maquinaria; Campodeza (15.771€) para compra de maquinaria agroforestal; Cooperativa Gandeira de Botos (7.062€), que financiará a adquisición de diversa maquinaria agroforestal; Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza (31.500€), que comprará un remolque esparcidor; Val do Deza (6.999€), que poderá adquirir diversa maquinaria agrícola e un surtidor e Xuncoga (19.460€), que realizará traballos de mellora nas súas instalacións e mercará dous elevadores. Amais, tamén recibirá unha achega de 11.303€ a Cooperativa Agrícola de Forcarei, que a empregará para a compra dunha furgoneta, un apañadoiro de patacas e a instalación dun sistema informático; así como a Cooperativa O Rodo de Rodeiro, que terá unha axuda de 25.422 € para adquirir unha segadora, varios programas, un ecógrafo e a realización dun proxecto técnico.  

 

As entidades beneficiarias na comarca de Pontevedra son Viña Moraima (899€), no municipio de Barro, que empregará esta achega para adquisición de equipamento e Viña Almirante Sociedade Cooperativa (5.460€) de Portas, para a compra de mobiliario, caixas de vendima e a posta en marcha dunha website.


Na comarca do Salnés recibirán estas axudas as cooperativas SAT  N 4035 (15.543€), situada en Ribadumia, que a utilizará para a adquisición dun equipo de frío para a adega; así como a Cooperativa Vitivinícola Arousana S. Cooperativa Galega (21.878€) de Meaño, que poderá comprar un tractor agrícola, e Horsal (20.350€) en Cambados, que usará esta achega para a adquisición dunha enmalladora automática.

 

Na comarca de Vigo, a empresa Espaço Vivo, situada en Redondela, recibirá unha achega de 3.612€ para financiar melloras nas súas instalacións, equipos informáticos e de eficiencia enerxética, mentres que no Baixo Miño recibirán axudas dúas cooperativas do Rosal: O Alcouve da Moura, que  recibirá 4.818 € para mercar unha furgoneta e materiais para cubrir invernadoiros, e Porta Río Miño, que contará con 7.534 € para a adecuación da sala de lavado de caixas e a adquisición dun compresor e taquillas.

 

Para a concesión destas subvencións, convocadas en concorrencia competitiva, puntuáronse, entre outras cuestións, os investimentos en proxectos innovadores ou a porcentaxe de mulleres que integran os órganos reitores das entidades solicitantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.