Sábado, 27 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 16 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
BAIONA

O Concello de Baiona substitúe a pasarela peonil de madeira na Avenida Praia Ladeira

 O Concello de Baiona atópase inmerso nos traballos de substitución da ponte de madeira paralelo á Avenida Praia Ladeira , moi próximo ao cemiterio parroquial de Santa Cristina que presentaba unha importante deterioración. A ponte de madeira de piñeiro que serve para salvar unha canle de auga procedente do Río Guillade na súa desembocadura na Ría de Baiona, é  a peza fundamental da intervención e supón uns 32.592,40 euros de investimento.

 

As obras fináncianse con cargo ás subvencións do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e consisten na renovación íntegra de elementos: Procederase á substitución dos  piares de madeira por columnas de granito; substitúense todas as vigas de madeira maciza por vigas laminadas GL24 de madeira tropical, tratadas en autoclave para clase de uso 3.2 e protexidas mediante a aplicación de lasur á auga satinado incoloro e transparente, aplicando dúas mans.


Outro dos cambios importantes tras os traballos de renovación, será  o aumento do ancho da pasarela ata os 4 metros de ancho para dar continuidade ao paseo existente, mediante taboleiros ranurados de madeira de carballo de 20x4cm protexida mediante a aplicación de lasur á auga con efecto antiescorregadizo en dúas cores contrastadas (piñeiro e teca), para dividir a senda peonil da de bicicletas, aplicando dúas mans. Así mesmo, as deterioradas varandas de madeira, serán cambiadas por outras completamente renovadas,  mellorando en seguridade.

 

A ponte quedará renovado por completo. O novo dispoñerá de elementos  máis resistentes ao paso do tempo e ás inclemencias meteorolóxicas, co fin de incrementar a durabilidade  da infraestrutura.


O Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez sinala que “se trata dun investimento necesario xa que as pezas rompen constantemente  e temos que realizar continuas reparacións”


Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez, destaca que  “se trata dunha actuación de renovación en beneficio do gran número de usuarios e usuarias que transcorren pola zona. Así tamén, os veciños e veciñas desta zona de Santa Cristina da Ramallosa poderán gozar da mellora prevista ” e engade que “seguimos coa intención de seguir poñendo en valor as nosas parroquias, sempre co obxectivo de mellorar o día a día da veciñanza”.


Para levar a cabo estes traballos de renovación a pasarela peataonal permanecerá pechada ao paso durante unha semana.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.