VIGO
Abel Caballero esíxelle á Xunta solucións pola seca
Pola súa banda a Xunta lémbralle ao alcalde de Vigo que o abastecemento de auga é unha competencia municipal e lamenta que a cidade continúe sen plan de emerxencia fronte á seca
Abel Caballero esíxelle á Xunta solucións O alcalde lamenta que o goberno autonómico non aporte propostas nas xuntanzas “cando teñen eles as competencias” e solicita a actuación inmediata da Xunta no trazado da toma de emerxencia do Verdugo e Oitavén en augas baixas e o abastecemento da presa de Zamáns desde o Miñoá seca
A seca comeza a preocupar en Vigo e a área metropolitana. Abel Caballero lamenta que a Xunta de Galicia non teña solucións “cando teñen eles as competencias do abastecemento en alta” e que “convoque aos concellos para coñecer que medidas están a tomar ante a falta de choivas en vez de actuar”.
O alcalde lembrou que Vigo leva 14 anos pedindo á Xunta medidas para evitar a seca na cidade e a contorna. Caballero manifestou as medidas que está a tomar como alcalde da cidade: supresión de baldeos, humanizacións co novas redes de saneamento, recomendación de non encher as piscinas, campañas de concienciación, unha nova potabilizadora e a redución das tomas de auga en Zamáns de 100 a 55 litros desde o mes de decembro. E preguntouse: “Que fixo a Xunta?”
Caballero esixiu ao goberno autonómico cumprir co estudo feito polo Goberno de España, Xunta de Galicia e Concello, que explica que para evitar a seca na área de Vigo habería que conectar Zamáns co Miño e o transvase de emerxencia en augas baixas do Oitavén e o Verdugo.
O alcalde amosou o seu enfado e tildou de “escándalo político” a desatención da Xunta ao problema do abastecemento de agua: “Se o outono ven malo, a auga periga. É unha desatención a Vigo pero tamén a Nigrán, Baiona, Cangas, Moaña, Redondela, Mos, Gondomar e O Porriño”.
Competencia municipal
A Xunta, tras as declaracións feitas polo alcalde de Vigo, lembra que "o abastecemento de auga é unha competencia municipal e lamenta que a cidade continúe sen plan de emerxencia fronte á seca pese á experiencia de 2017 e pese a estar obrigado por lei como municipio de máis de 20.000 habitantes".
O Goberno galego asegura "está a exercer as súas competencias con responsabilidade e colaborando lealmente cos municipios para identificar os riscos derivados da situación de seca e indicar as medidas que se deben adoptar en cada momento na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, da súa competencia".
"É lamentable que no actual escenario de seca prolongada o alcalde de Vigo desprece os chamamentos e medidas encamiñadas á redución do consumo de auga, pese a que os propios técnicos municipais as apoiaron na xuntanza con Augas de Galicia" sinalan dende a Xunta.
Para xestionar axeitadamente un episodio de seca é esencial a planificación. Nese sentido, a Xunta conta un Plan de Seca e cunha Lei de garantía de abastecemento que protocolariza as respostas das administracións ante os distintos estadios dun episodio de seca.
O Concello de Vigo, que dá servizo a unha poboación de máis de 20.000 habitantes, debería contar, por obriga legal, cun plan municipal de emerxencia fronte á seca e non o ten. A pesar de que a Xunta leva anos reclamándoo, Vigo non presentou ese plan.
Pese a iso, a Xunta promove a coordinación administrativa, comparte información e incentiva o control e seguimento para paliar a situación.
"As declaracións do alcalde de Vigo son unha cortina de fume para ocultar que, tras o episodio de 2017, o Concello non fixo nada para protexer a Vigo fronte os problemas da auga" aseguran dende a Xunta.
"Naquel momento a causa principal da crise era o mal estado da potabilizadora do Casal, cuxa reforma aínda non está rematada. Esa potabilizadora só pode tratar o 60% da auga do encoro de Eiras" sinalan.
"O Concello de Vigo perdeu moitos anos en resolver este problema do que xa viña advertindo a Xunta e non fixo caso dos informes técnicos que identificaban perfectamente o problema, que cando o embalse de Eiras estaba por debaixo do 40% da súa capacidade, a depuradora municipal de Vigo non podía garantir a calidade da auga, poñendo en risco o abastecemento, como se viu en 2017" explican.
Por outra banda, a Xunta solicitou que o Goberno declare de Interese Xeral do Estado as obras para garantir a auga a Vigo a longo prazo e o Goberno de España négase.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57