Miércoles, 06 de Mayo de 2026

Actualizada Martes, 05 de Mayo de 2026 a las 22:31:09 horas

Xornal21.es
Domingo, 21 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación dá a batalla contra a fenda de xénero no sector das “steam”

Destina máis de 135.000 euros a unha iniciativa pioneira en Galicia e no Estado para xerar unha cultura do talento feminino coa que enriquecer o tecido industrial e atraer ás mozas as carreiras técnicas

Coa aprobación do convenio con Asime  (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas), a Deputación de Pontevedra pon en marcha o pioneiro proxecto “Tecnolóxicas”, coa que busca  situar á provincia e a Galicia en xeral na vangarda da loita contra a fenda de xénero no sector tecnolóxico-industrial. Xerar unha cultura do talento feminino tecnolóxico para enriquecer o tecido industrial,  así como dar visibilidade e información para atraer ás mozas ás carreiras STEAM e darlles resposta real ás necesidades actuais das empresas da provincia son os principais obxectivos desta iniciativa. Nesta primeira edición, “Tecnolóxicas” desenvolverase ata o 2023 e conta cun orzamento que supera os 200.000 euros, dos que a institución provincial achegará 135.728.

 

“Non podemos esquecer que hai moita xeración de emprego, e de calidade, no ámbito da tecnoloxía e estamos a ter un serio problema”, alertou a presidenta Carmela Silva. “Os datos de matriculación das mulleres nas STEAM, nas carreiras de Enxeñería, Ciencias, Matemáticas, en lugar de medrar, caen. Soamente somos o 6% das persoas en estudos TIC, o 14% en FP de Informática ou o 13% das persoas graduadas en STEAM. Estes datos téñenos que poñer en alerta, porque están e van ocasionar que as mulleres esteamos excluídas da posibilidade de ser lideresas do sector tecnolóxico. Por iso, dende a Deputación, queremos dar un paso cara adiante para modificar esta realidade”. A presidenta destacou que unhas 600 empresas están adheridas a ASIME, polo que se trata dun convenio de gran alcance.

 

 “Tecnolóxicas” (https://tecnoloxicas.com/), que optará aos fondos Next Generation como programa de igualdade,  busca ofrecer ás mulleres tecnólogas a formación e contratos nas empresas do sector para visibilizar o seu rol e fomentar deste xeito futuras vocacións STEAM. Arrancará este 2022 como proxecto piloto coa participación de  10 mulleres e 10 empresas. Está baseado en tres piares: a formación, o mentoring e a sensibilización. No primeiro eido, as rapazas seleccionadas recibirán cursos gratuítos acorde á demanda do propio sector empresarial e tamén se ofrecerán 10 contratos en empresas cunha duración de 6 meses para a posta en práctica da formación adquirida, facilitando o acceso a empregos técnicos demandados polo sector. As empresas que reciban alumnas accederán a un Selo de Igualdade de Talento na Tecnoloxía.

 

No que atinxe ás actividades de mentorización, as dez participantes serán tuteladas durante 8 meses por profesionais femininas con perfís técnicos e directivos do sector, cunha titorización personalizada para orientación técnica, contacto coas empresas candidatas, orientación á formación, creación dun itinerario laboral e acompañamento. Por último, no apartado de sensibilización búscase xerar referentes locais entre a comunidade con actividades en todas as etapas educativas. Na Infantil e Primaria realizarase con actividades e biblioteca e na ESO favorecerase a inclinación á tecnoloxía incidindo na percepción de utilidade a fin de favorecer a opción dos estudos STEM no Bacharelato, FP e na Universidade. “Será unha campaña moi de proximidade –informou a presidenta-, de poñer en valor a mulleres tecnólogas para que sexan referentes de nenas e mozas”.

 

Os criterios de selección das participantes incluirán estar empadroadas na provincia e ser tituladas en enxeñerías ou FP técnicas. Amais, valorarase o seu expediente académico e o coñecemento de idiomas, así como a experiencia previa. No caso da selección das empresas, estas deberán ter sede ou centro de traballo na provincia, e serán do sector do metal e as súas tecnoloxías (asociadas de Asime).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.