GALICIA
Lorenzana avoga por unha conciliación corresponsable
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou o programa Verán Activo que financia a Xunta con 18.000 euros e conta coa participación de máis de 100 nenas e nenos de entre 3 e 12 anos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avogou en Boqueixón por unha conciliación corresponsable, na visita que realizou ao programa Verán Activo que financia a Xunta con 18.000 euros e no que participan máis de 100 nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, o que permite ás familias do municipio conciliar, ao tempo que se ofrece unha alternativa de lecer aos máis pequenos.
Lorenzana explicou que é un eixo prioritario da Xunta que as mulleres e os homes teñan as mesmas oportunidades en igualdade de condicións e, por iso, destacou que o Goberno galego aposta por políticas de conciliación corresponsable para conseguir a incorporación plena da muller ao mercado laboral e a súa permanencia no mesmo, fomentando, ademais, a súa autonomía e independencia económica das mulleres que teñan fillos menores ou familiares ao seu cargo. “Son valores, ademais, que debemos inculcar aos máis novos”, engadiu.
A conselleira apuntou, así mesmo, que a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a corresponsabilidade debe implicar a toda a sociedade, polo que subliñou a importancia de artellar “respostas conxuntas, marcos de colaboración nos que cooperemos todos os axentes involucrados, como a Administración autonómica, as entidades locais e o tecido asociativo e empresarial”.
Lorenzana tamén visitou en Boqueixón o Centro de Información á Muller (CIM) que presta servizo, ademais, ás localidades de Vedra e Touro e conta co apoio económico da Xunta de 28.000 euros
Neste senso, puxo en valor os programas de conciliación da vida familiar e laboral que están a desenvolver numerosos concellos e mancomunidades galegas co apoio económico da Xunta durante períodos non lectivos, con especial reforzo no verán. En Verán Activo, o programa lúdico-educativo de Boqueixón, os nenos e nenas están a participar en diferentes actividades como obradoiros, paseos ao aire libre ou talleres de lectura e pintura.
Tras a visita a esta iniciativa, a conselleira visitou, tamén en Boqueixón, o Centro de Información á Muller (CIM) que presta servizo, ademais, ás localidades de Vedra e Touro. A Xunta está a destinar a este centro 28.000 euros cada ano para posibilitar o seu funcionamento. Trátase, en palabras de Lorenzana, dun centro “de referencia” na zona para asesorar ás mulleres da contorna en diferentes materias relacionadas principalmente coa igualdade e informarlles sobre os recursos a súa disposición para facer fronte a casos de violencia de xénero.
As axudas da convocatoria deste ano a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, así como apoiar aos Centros de Información á Muller (CIM) contaron cun investimento de máis de 1,9 millóns de euros para a provincia da Coruña
Concretamente, concedéronse máis de 1,2 millóns euros a 29 Centros de Información á Muller da provincia coruñesa, máis de 520.000 euros ao fomento da conciliación en 36 municipios coruñeses e case 100.000 euros á promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención e tratamento da violencia de xénero dos que se beneficiaron sete concellos da provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217