Sábado, 27 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 18 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
BAIONA

Fernández-Tapias destaca o crecemento do Festival Barbeira

A delegada territorial da Xunta en Vigo presentou onte mércores a nova edición do Barbeira Season Fest que se celebrará en Baiona entre o 31 de agosto e o 4 de setembro

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou en Baiona unha nova edición do Barbeira Season Fest que se celebrará entre o 31 de agosto e o 4 de setembro na vila do Val Miñor. A representante autonómica destacou o crecemento e a consolidación dunha cita que alcanza a súa cuarta entrega cunha “oferta ampla, para todos os públicos e de calidade”.

 

Fernández-Tapias amosou o compromiso da Xunta con festival, tanto a través do programa “O teu Xacobeo” como da marca FEST Galicia. “Desde o Goberno galego estaremos sempre ao lado dos artistas e dos promotores para darlles o apoio que necesiten, especialmente tras superar momentos complicados pola pandemia”, sinalou. No acto celebrado ás portas do Parador de Baiona, a delegada territorial estivo acompañada polo alcalde, Carlos Gómez; o director artístico do festival, o músico vigués Pablo Novoa; o responsable de Elemental Street, Isaac González, e a vocalista do grupo Bala, Anxela Baltar.

 

Esta nova edición do Barbeira Season Fest crece este ano tanto en días como en oferta musical, con máis de 30 grupos e artistas programados durante as cinco xornadas de concertos. León Benavente, Zahara, De Pedro e Triángulo de Amor Bizarro serán os cabezas de cartel dun festival que abrirá o día 31 cunha actuación sorpresa e aínda nos desvelada pola organización.

 

 

 

 

Os grupos DePedro, Zahara, León Benavente e Triángulo de Amor Bizarro serán os cabezas de cartel do festival que conta co músico vigués Pablo Novoa como director artístico

 

 

 

 

 

Escenario Xacobeo
O parque da Palma acollerá o Escenario Vibra Mahou como recinto principal para a música, mentres que a Praza do Concello albergará o Escenario Xacobeo. Ademais, tamén aumenta a proposta de actividades culturais e gastronómicas que se estenderán polo municipio atravesado polo Camiño Portugués da Costa.

 

Actividades paralelas
A gastronomía estará presente a través do “Rías Baixas. O restaurante máis pequeno do mundo”, que xa está en marcha. Haberá tamén conferencias denominadas “Charlas en chanclas” na biblioteca ou actividades deportivas a través de bautismos de mar en paddle surf. Outras das orixinais propostas é o Hotel Season Zentolo no que 33 habitacións xa foron intervidas por artistas durante os últimos meses e servirán agora para microconcertos.     

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.