Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 19 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Escola Municipal de Música abre o prazo para formalizar matrícula

As listaxes co nome, día e hora do alumnado preinscrito estarán expostas nas portas do Centro Cultural Municipal e da Escola Municipal de Música dende o luns 5 ao venres 9 de setembro

A concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, informou que dende o martes 13 ao venres 16 de setembro pódese formalizar a matrícula e reservar horarios na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Multiusos de Torneiros), en horario de 16 a 21 h, segundo a preinscrición realizada no mes de xuño.


Da mesma forma, o alumnado de novo ingreso que teña feita a preinscrición poderá matricularse a partir das 20 h do xoves 15 e dende as 16 h do venres 16 de setembro.


As listaxes co nome, día e hora do alumnado preinscrito estarán expostas nas portas do Centro Cultural Municipal e da Escola Municipal de Música dende o luns 5 ao venres 9 de setembro.


Na formalización da matrícula cumpriranse as normas establecidas no protocolo anexo.


O alumnado sen preinscrición poderá matricularse a partir das 19:20 h do venres 16 de setembro ou a partir do día 19 de setembro de 16:30 a 18:30 h, sempre e cando queden prazas dispoñibles.


A oferta da Escola Municipal de Música do Porriño é a que se indica a continuación:

 

  • Música e movemento, de 4 a 7 anos de idade.
  • Linguaxe musical: nivel elemental e medio (entre outras materias),  dende os 8 anos en diante e sen límite de idade.
  • Especialidades instrumentais: violín, viola, violonchelo, guitarra, piano, canto, gaita, percusión tradicional, óboe, clarinete, saxofón, frauta traveseira, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión sinfónica.
  • Agrupacións: banda, orquestra de corda, conxunto de música tradicional e corais de nenas/os e adultas/os.


As clases comezarán o luns 3  de outubro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.