GALICIA
A Xunta leva investidos máis de 112m€ en obras de eficiencia enerxética nos centros educativos
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita no Porriño o colexio Xosé Fernández López, no que se está a acometer a renovación das luminarias
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou onte o colexio CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López, no Porriño, onde se está a acometer o cambio de luminarias, unha obra que estará lista para o inicio do curso escolar. A actuación, cuxo importe supera os 86.000€, consiste na substitución das luminarias existentes, tipo fluorescente e tipo LED sen regulación, por outras de maior eficiencia e tecnoloxía, que permitan unha redución do consumo.
Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego que senta os piares para a construción e reforma dos centros educativos nos vindeiros anos con espazos máis sostibles e cunha maior calidade ambiental. De feito, do total de 191M€ de orzamento do plan, o 40% (77,5M€) está destinado a actuacións de sostibilidade e eficiencia enerxética.
“Estamos logrando así colexios e institutos máis respectuosos co medio ambiente, máis confortables para alumnos e profesores e que permitan un aforro no consumo”, afirmou durante a visita o titular do departamento educativo do Goberno galego.
Menos emisións
Neste sentido, sinalou que a Xunta leva investidos máis de 112M€ desde 2017 en obras de eficiencia enerxética nos centros educativos, o que supón un aforro enerxético medio do 45%, tanto en kwh/m2 como en emisións de CO2.
“Só este ano temos un orzamento de 31M€ para estas melloras, que se centran en intervencións como a que se acomete neste colexio, de instalación de novas luminarias led, ou en actuacións de maior envergadura, como os cambios de cuberta, as renovacións de fiestras, a impermeabilización das fachadas ou a instalación de caldeiras centralizadas de biomasa”, destacou o conselleiro, quen lembrou que no propio Porriño se está a executar a rehabilitación integral do instituto Pino Manso.
“Así mesmo, estamos comezando a dar un paso máis aló”, sinalou o conselleiro en alusión á licitación, este mesmo mes, dun “paquete de obras para a dotación de instalacións solares fotovoltaicas en 12 centros de Educación Especial e un colexio público Integrado, que suman un investimento total de 208.000€”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217