SALUD
O 061 recibiu máis de 768.000 chamadas no que vai de ano
No mes de xullo deste ano atendéronse 120.661 chamadas, o que supón unha media de mais de 3.800 chamadas ao día xestionadas
A Central de Coordinación da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xestionou un total de 768.346 chamadas no que vai de ano 2022 na Comunidade galega. O máximo de atencións produciuse neste mes de xullo, cando se atenderon 120.661 chamadas, o que supón unha media de mais de 3.800 chamadas ao día xestionadas.
Estas chamadas recibidas na Central do 061 poden xerar un proceso asistencial que implique a mobilización de recursos, e que pode ter asociado un o máis pacientes, ou poden ser resoltos sen necesidade de activar os recursos da Fundación. No que vai de ano, a porcentaxe de resolución de procesos asistenciais nos que foi necesario mobilizar recursos do 061 foi do 60 por cento, mentres que no 40 por cento restante non houbo necesidade de activar os recursos da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia.
No ano 2021, por exemplo, a Central de Coordinación do 061 recibiu 1.157.979 chamadas, xerando un total de 493.743 procesos asistenciais, o 60,1 % dos cales foron resoltos mobilizando os recursos desta fundación pública. En 2020, ano que coincide coa pandemia do COVID, recibíronse un total de 1.280.305 chamadas, xeráronse 578.905 procesos asistenciais e nun 48,57% deles foi necesaria a mobilización de recursos.
En 2019, o número de chamadas á Central do 061 ascendeu a 1.116.558, con 440.608 procesos asistenciais. Nun 67,92% das asistencias mobilizáronse os recursos do 061.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136