GALICIA
Os produtos galegos do mar gozan de recoñecemento a nivel mundial
O esforzo das pescadoras e pescadores galegos dan como resultado alimentos da máxima calidade
A gran despensa do mar galega conta con produtos da máxima calidade, con recoñecido prestixio a nivel mundial e moi demandados en distintos puntos do planeta. Con todo, os prezos que alcanzan algúns deses peixes e mariscos en primeira venda teñen marxe de mellora e tanto as organizacións sectoriais como as distintas administracións traballan desde hai anos en numerosas accións de promoción para que estes produtos alcancen as cotizacións que se merecen pola súa alta calidade.
O sector marítimo-pesqueiro galego ten coma un mantra o lema “pescar ben para vender mellor” e o labor realizado nos últimos tempos parece que comeza a dar os seus froitos: o prezo medio das vendas nas lonxas de Galicia marcou en 2021 máximos históricos ao superar os tres euros o quilo.
![[Img #77223]](https://xornal21.com/upload/images/08_2022/9678_foto-1.jpg)
Este rexistro supón un importante fito para unha comunidade que conta con máis de 60 lonxas nas que se comercializan máis de 300 especies diferentes, desde peixes ata mariscos pasando por crustáceos, algas ou equinodermos. Eses produtos, aos que se engaden os procedentes da acuicultura, como o mexillón, son os que despois chegan aos mercados de toda España e doutros puntos do mundo e que serven para elaborar os pratos máis innovadores e saborosos nos restaurantes máis prestixiosos.
A promoción dos produtos do mar permitiu mellorar os seus prezos, pero os distintos actores da cadea mar-industria de Galicia non se conforman cos resultados obtidos e seguen traballando con afán nesa estratexia de valorización para facer fronte aos retos globais actuais. Ese labor é fundamental para que os pescadores vexan compensados nos seus ingresos os esforzos realizados diante de dificultades como o encarecemento constante dos prezos da enerxía -principalmente o gasóleo- así como doutras materias primas como consecuencia da guerra en Ucraína.
Por iso, as organizacións de produtores pesqueiros e a propia Xunta, a través da Consellería do Mar, están a reforzar as súas accións de promoción dos produtos do mar co obxectivo de contribuír a mellorar os ingresos do sector e facer fronte a esas dificultades que se presentan no desenvolvemento da actividade.
![[Img #77222]](https://xornal21.com/upload/images/08_2022/2480_foto-2.jpg)
O Executivo galego puxo en marcha hai xusto un ano a campaña “Galicia sabe amar” para poñer en valor os produtos do mar e agradecer ao mesmo tempo o esforzo realizado polos pescadores galegos para poñer ao dispor dos consumidores múltiples alimentos da máxima calidade. Esta estratexia ampla -que engloba outras accións puntuais dirixidas aos escolares ou á xeración millennial- deu continuidade á iniciativa posta en marcha en 2020 coincidindo coa alerta sanitaria polo coronavirus "Compra produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco", que pretendía agradecer o esforzo realizado pola frota malia as dificultades. Neses meses o sector pesqueiro, que foi declarado esencial, seguiu faenando a pesar de que en moitas ocasións non lle era rendible para fornecer alimentos de calidade á cidadanía.
A estas campañas máis xenéricas impulsadas pola Xunta súmanse outras específicas de produto, tanto do sector como da Administración, nas que se poñen en valor recursos como a pescada, o bonito do norte, a centola, o polbo, os mariscos ou o mexillón, entre outros moitos. Nesa promoción tamén se inclúen os produtos elaborados, como son as conservas ou conxelados, que contan con importantes campañas para impulsar o seu consumo e os seus prezos.
Con todo este traballo, Galicia aspira a que os profesionais do mar conten con ingresos dignos e que a actividade poida perpetuarse no futuro facéndose atractiva para as novas xeracións. A finalidade é que os mozos vexan que o sector marítimo-pesqueiro é unha boa opción profesional e que a comunidade manteña o seu papel de referente español e europeo na produción e comercialización de produtos do mar.
![[Img #77229]](https://xornal21.com/upload/images/08_2022/4566_foto-6.jpg)
Esas campañas de promoción para impulsar os prezos dos produtos do mar inciden en que consumir este tipo de alimentos é un dos mellores investimentos que se poden facer como sociedade, ao contribuír a mellorar a saúde e aforrar en gasto sanitario ao mesmo tempo que se fomenta a sustentabilidade e a economía, especialmente a local.
Ao adquirir peixes e mariscos frescos ou calquera dos produtos transformados ou acuícolas desta proteína mariña non só se están fomentando uns mellores hábitos de vida senón tamén o traballo de todas aquelas mulleres e homes que cada día saen ao mar para que este nutritivo recurso non falte en ningunha mesa.
Un xesto que apoia a profesionais dun sector que en Galicia conta cun gran peso dado que o 91% das actividades económicas da comunidade están relacionadas coa pesca e a cadea mar-industria. De feito, as exportacións galegas de produtos do mar superaron o pasado ano os 2.400 millóns de euros, situándose a comunidade como a décima exportadora mundial deste tipo de alimentos.
![[Img #77226]](https://xornal21.com/upload/images/08_2022/8711_foto-5.jpg)
As máis de 60 lonxas galegas existentes en Galicia poxan unha gran variedade de peixes, mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos que poñen a disposición do consumidor un gran abanico de posibilidades para levar ao seu fogar cada día e poder cumprir coas recomendacións sanitarias de consumir, como mínimo, tres ou catro racións desta proteína á semana.
E os galegos predican co exemplo pois a dieta atlántica ten no peixe uno dos seus grandes piares, o que contribúe á lonxevidade dos seus cidadáns. De feito, Galicia ostenta o segundo posto en poboación con maior esperanza de vida de España.
En Galicia comercialízanse máis de 300 especies diferentes, desde peixes ata mariscos ou equinodermos
Fonte de Omega-3, vitaminas D e B, ferro, potasio, iodo, calcio…, os peixes e mariscos son alimentos con importantes valores nutricionais e cunha pegada de carbono das máis baixas entre os produtos que hai dispoñibles no mercado.
Por iso o consumidor actual atopa no sector extractivo e a industria transformadora a confianza necesaria á hora de obter un produto de calidade, respectuoso coa súa contorna e, á súa vez, xerador dun gran número de empregos. Só a cadea mar-industria galega dá traballo directamente a 40.000 persoas.
É por iso que a Administración galega e o sector traballan da man para promocionar a excelencia da proteína mariña e poñer en valor todo o traballo que hai detrás de cada exemplar que chega ao mercado para conseguir mellores prezos e difundir os beneficios deste tipo de produtos. Esa estratexia parece que xa está a dar os seus froitos.
Unha materia pendente: o peixe
Perder o medo a comprar e cociñar peixe é un dos retos que existen a día de hoxe entre a poboación máis nova. Por iso iniciativas como V"Vai de peixe", impulsada pola Xunta de Galicia, pretenden achegar o produto aos coñecidos como millennials e xeración Z –aquelas persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos– para axudarlles a crear hábitos de vida saudables.
![[Img #77228]](https://xornal21.com/upload/images/08_2022/2240_foto-9.jpg)
O obxectivo desta iniciativa, pioneira a nivel nacional, non é outro que reverter a pirámide de consumo para que, de forma paulatina, sexa a mocidade a que se sitúe na cima desa pirámide.
As redes sociais convértense así na canle perfecta para achegarse a este segmento da poboación e facerlle ver a versatilidade dos produtos do mar a través de receitas rápidas e fáciles elaboradas por recoñecidos influencers cos que os mozos poden empatizar.
De feito, un simple clic permite descubrir a infinidade de posibilidades que pode ter un mesmo produto e experimentar novas texturas e sabores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217