VIGO
A Xunta e o Xacobeo traen a Vigo ao artista C. Tangana
O cantante madrileño, con ascendencia viguesa e confeso seguidor do Celta, actuará este martes (22:00 horas) no peirao de Transatlánticos
Os concertos do Xacobeo 21-22 traerá este martes Vigo a artista C. Tangana co seu espectacular tour 2022. Será o escenario do peirao de Transatlánticos, mesmo lugar no que rematou este sábado o exitoso Festiva Latitudes, o que acolla a loada posta en escena do cantante madrileño de ascendencia galega e confeso seguidor do Celta.
C. Tangana chegará a Vigo dentro da súa xira por España e antes de dar o salto o vindeiro mes de novembro a Latinoamérica. Tras actuar o pasado 18 de agosto en Benidorm (Festival Bombastic) e pasar este martes pola cidade olívica, estará en Pamplona (3 de setembro), Ávila (10 de setembro) e Sevilla (17 de setembro). Posteriormente, ofrecerá concertos en México, Colombia e Arxentina.
O seu espectáculo musical xa foi cualificado o pasado ano 2021 como o mellor de España e conta cun centenar de persoas para a montaxe. Ademais, nas súas actuacións participan preto de 40 persoas entre músicos e bailaríns. “Xa dixemos que o Xacobeo estará moi presente en Vigo con música de calidade e este martes teremos a sorte de desfrutar dun espectáculo único en España”, sinalou a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias.
As entradas para o concerto de C. Tangana en Vigo están esgotadas desde o primeiro día de venda, cando foron despachadas en menos de dúas horas pola produtora Esmerarte Industrias Creativas. En todo a fronte portuaria de Vigo haberá un dispositivo de seguridade no que participarán Policía Nacional, Policía Local, Guardia Civil, Bombeiros, Capitanía Marítima, Sociedad de Salvamento e Seguridad Marítima e Axencia Galega de Emerxencias.
Iggy Pop no Festival Latitudes
A pasada fin de semana celebrouse tamén no peirao de Transatlánticos o Festival Latitudes que devolveu os grandes concertos á cidade co apoio do Xacobeo 21-22. O evento ofreceu unha primeira xornada cos vigueses Zålomon Grass, o dúo galego Bala, os suecos Mando Diao e os irlandeses Two Door Cinema Club.
A lenda estadounidense Iggy Pop foi o prato forte do sábado, no peche dunha cita na que tamén triunfaron os británicos The Vaccines, os locais Aphonnic e os pontevedreses Furious Monkey House.
Festival de Música Urbana
Fernández-Tapias lembrou que no mesmo escenario celebrarase o vindeiro o sábado 27 de agosto o Festival de Música Urbana con Quevedo e Ajax e Prok. Ademais, indicou que a programación musical do Xacobeo tamén traerá á banda británica Muse (8 de setembro) ao Estadio de Balaídos.
Calendario musical do Xacobeo en Vigo
Xacobeo Importa: 17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo 26 de xuño: Marisa Monte – Afundación 7 de xullo: Agnes Obel – Afundación 10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo
Rufus Wainwright: 2 de xullo (Afundación)
Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo): 6 de xullo: Fat Freddy’s Drop 17 de xullo: Steve Vai 22 de xullo: Yann Tiersen 9 de agosto: Texas
26 de agosto: Cimafunk
18 de setembro: Mayumaná
Festival Latitudes: (Porto de Vigo)
19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass
20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House, Sylvia Supertar
C. Tangana: 23 de agosto (Porto de Vigo)
Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo) Ayax y Prok Quevedo Califato Sila Lúa Safree
Muse: 8 de setembro en Balaídos
Fito & Fitipaldis: 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57