PONTEAREAS
O PSdeG propón o cambio das xardineiras por outras de maior porte
Os concelleiros/as socialistas de Ponteareas, defenderan no seo do goberno municipal, a necesidade de colocar xardineiras de maior porte e facilmente movibles, para substituír as recentemente instaladas en varias rúas da vila.
O PSdeG aposta por elementos ornamentais urbanos de maior tamaño tal e como existen noutras vilas e cidades do noso entorno, que permitan a súa perfecta visualización e cumpran coa función de ornamentación das rúas peonís. Deberán ademais poderse mover facilmente cando sexa necesario para a festividade do Corpus ou para a celebración doutros eventos como probas deportivas, desfiles etc.
O Secretario Xeral dos socialistas de Ponteareas, Delfin Domínguez defende “entendemos que é necesaria a substitución das actuais xardineiras por outras de maior porte, que non supoñan o perigo de trompazos e caídas dos peóns” e engade ” a ornamentación das rúas peonís ten que ser un elemento amable e de beleza e non entorpecer e dificultar, xa que sería contrario ó obxectivo dunha rúa peonil”. Por último di “ esta substitucion das xardineiras é especialmente urxente nas rúas onde se poñen os postos da feira, xa que dada a aglomeración de xente o perigo de tropezar e caer é maior”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49