Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21.es
Lunes, 29 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Real Federación Galega de Motonáutica impartirá un novo curso en Tomiño

A actividade terá lugar o vindeiro 2 de setembro, sendo o 30 deste mes o último día para apuntarse

A Real Federación Galega de Motonáutica impartirá en Tomiño un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Impartirase o venres 2 de setembro, sendo o 30 de agosto o último día para apuntarse. As inscricións pecharanse ás 00:00 horas.


O curso, que será impartido no Espazo Fortaleza de Goián, consistirá nunha parte teórica e outra práctica, para a cal se empregará o pantalán existente na área. Na actividade poderán participar persoas con mobilidade reducida grazas á posta en disposición dunha embarcación adaptada.


A Licenza de Navegación habilita á persoa para o goberno de embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia de motor adecuada á mesma segundo o seu fabricante, navegación diúrna ata 2 millas de calquera dirección de porto, mariña ou lugar de abrigo, así como o manexo de motos acuáticas de calquera potencia.


Desde a Federación Galega de Motonáutica agradecen a colaboración do Concello de Tomiño para a realización destas actividades, entre as que se atopan tamén a xa consolidada celebración no municipio dunha das probas do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica, que este ano tivo lugar o día 5 de xuño con gran acollida de público.


Para realizar a inscrición e obter máis información, pódese chamar ao teléfono 986 222 440 ou pódese enviar un correo electrónico ao enderezo info@fgmotonautica.org.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.