Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 30 de Abril de 2026 a las 18:10:46 horas

Xornal21.es
Jueves, 01 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui inviste 50 mil euros nos comedores escolares de Randufe e Caldelas

Dous centros educativos de Tui o CEIP de Caldelas e o CEIP de Randufe estrearán no curso escolar 2022/23, que está a piques de comezar, novas instalación para o comedor escolar. O Concello de Tui investiu durante este verán preto de 50 mil euros nestes centros para acondicionar os espazos precisos para poder ofertar este servizo que cada vez é máis demando polas familias.


A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, explica que “con fondos propios levouse a cabo a reforma duns antigos vestiarios que estaban en desuso para crear estes novos espazos”. A actuación contemplou dende a instalación de falsos teitos, luminarias, renovación da carpinte iría de aluminio así coma a instalación de módulos de cocina. A actuación realizouse seguindo a normativa que regula os comedores escolares.  Sonsoles Vicente conclúe que esta era “unha reforma moi necesaria para estes dous centros educativos situados nas parroquias e que estaba a ser demandada polas familias”.


Estas obras forman parte do conxunto de actuacións que durante as vacacións escolares o concello de Tui está a executar con fondos propios para o mantemento ou reforma dos distintos centros educativos situados tanto no centro urbano coma nas distintas parroquias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.