REDONDELA
O líder do socialismo galego denuncia a “política desleal” da Xunta con Redondela
Valentín González Formoso, acompañado pola alcaldesa e secretaria xeral do PSOE redondelán, Digna Rivas, comprobou sobre o terreo o “deplorable estado” no que se atopa a Avenida Mendiño, de competencia autonómica e mantivo un encontro con representantes da ANPA do IES Mendiño e Federación de ANPAS
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso denunciou esta mañá a “deslealdade institucional” da Xunta ao bloquear a mellora da avenida Mendiño, unha vía de comunicación fundamental para o concello de Redondela, en contra do acordo comprometido en 2019.
Acompañado pola alcaldesa de Redondela e secretaria xeral do PSOE redondelán, concelleiros e concelleiras do Grupo Municipal Socialista e militantes percorreu un treito da Avenida Mendiño onde puido comprobar o seu “deplorable estado” sinalando que “os veciños e veciñas de Redondela merecen un respecto” e o cumprimento dos acordos “sen mirar as cores políticas” do Concello.
Nese sentido, o responsable socialista puxo como exemplo a súa propia experiencia na Deputación de A Coruña, onde sucedeu a un presidente do PP e na que “xamais fun quen de romper un acordo asinado ou apalabrado co alcalde ou alcaldesa dunha corporación anterior”. Reclamoulle á Xunta que incorpore aos orzamentos de 2023 a partida necesaria para facer realidade esta infraestrutura comprometida co Concello.
A “irresponsabilidade” do goberno galego coa localidade, dixo, esténdese á educación pública, logo de coñecer a supresión de 4 mestres no IES Mendiño, “dándolle as costas á realidade dunha vila que está a medrar e incorpora cada vez máis alumnos e alumnas ao centro.
A alcaldesa da localidade, Digna Rivas, agradeceu a visita de González Formoso a Redondela para coñecer, sobre o terreo, “un dos máis flagrantes incumprimentos da Xunta coas veciñas e veciñas de Redondela” en referencia ás obras da Avenida Mendiño, anunciadas de “inicio inminente” polo PP nas vésperas das eleccións municipais e totalmente esquecidas unha vez que perderon o Goberno redondelán.
O Concello “fixo os deberes”, sinalou, ao reter o crédito que lle solicitara a Xunta en decembro de 2021, pero “seguimos agardando” pola actuación do Executivo na avenida. Asegurou a alcaldesa redondelá que “non pararei ata conseguir que a rúa estea nas condicións que ten que estar, como en breve estarán a avenida Santa Mariña ou a Picota grazas á Deputación de Pontevedra”.
Digna Rivas fixo especial fincapé no traballo conxunto coa ANPA do IES Mendiño e a Federación de ANPAS para frear a redución de 4 profesores no centro por parte da Consellería de Educación. Sinalou que o trato do goberno galego ao Concello demostra “unha deslealdade institucional que non se pode consentir” logo de non contestar a Consellería aos constantes requirimentos de información realizados dende o Concello e a “calada por resposta” ás reiteradas peticións dunha entrevista co conselleiro para tratar estes temas “fundamentais para o futuro dos nosos fillos e fillas ao afectar á calidade do ensino de que son receptores”.
Tamén estivo presente hoxe o presidente da Anpa, Anxo Lusquiños, que rexeitou esta “medida irresponsable” por parte da Consellería, en contra das necesidades dun centro no que “o debate deberia ser de máis profesorado, pero estamos a reclamar que, polo menos, non nos quiten o que tiñamos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17