PONTEAREAS
Esquerda Unida Ponteareas solicita melloras para favorecer o uso público da praza
Desde Esquerda Unida Ponteareas aseguran apoiar a peonalización do centro urbano. "Non nos apuntamos agora a cabalo gañador, xa no programa electoral do 2019 propoñíamos transformar o concello para o uso cotiá das persoas. Non deseñar en función das demandas do tráfico rodado privado senón para o desfrute do espazo público. E acadar que as rúas volvan a ser o espazo de encontro, actividade, xogo e aprendizaxe”.
Con todo, sinalan que en Ponteareas "o proceso de transformación urbana se está levando a cabo sen contar coa participación cidadá. Este feito orixina, por unha banda, que a veciñanza en xeral non asimile como positivo un cambio que beneficia a súa vida cotiá e, por outro lado, estanse tomando decisións equivocadas por non ter en consideración as demandas e a experiencia no uso do espazo público por parte da cidadanía".
"Un exemplo desta separación entre os proxectos municipais e a cidadanía o podemos contemplar na reforma da praza Bugallal. Desde a súa inauguración foi evidente un defecto deste proxecto: a súa escasa adaptación para ser utilizado nos días soleados do verán, debido a carencia de zonas en sombra e a forte reflexión lumínica procedente dun chan de cor moi clara" aseguran.
"Comprobamos con preocupación como estas deficiencias, sinaladas reiteradamente polas persoas usuarias, non son corrixidas por parte do goberno municipal. Por este motivo desde EU Ponteareas reclamamos: a corto prazo, que se teñan en conta os espazos sombreados polos edificios da contorna para colocar bancos (como as fachadas este e oeste da igrexa); a medio prazo, a instalación efémera de toldos para crear zonas de sombra no verán; e a largo prazo, un esmerado coidado das arbores plantadas na praza para garantir o seu crecemento" engaden dende EU.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49