Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 16:59:08 horas

Xornal21.es
Miércoles, 31 de Agosto de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará en Tomiño o 6 de setembro

Como ven sendo habitual, estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10 a 14 e de 16 a 21 horas

[Img #77343]Tomiño acollerá a vindeira semana unha nova xornada de doazón de sangue. Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue visitará o concello o próximo martes 6 de setembro para que todas as persoas que o desexen poidan achegar a súa pinga de solidariedade. Como ven sendo habitual, a unidade estará na rúa Daniel Calzado Poceiro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Para maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.


A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función  das súas necesidades.


Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.


No desenvolvemento do noso traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños. É importante lembrar que poden doar sangue todas as persoas maiores de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.