PROVINCIA
Isabel Rodríguez chama a explicar “casa por casa” a xestión do goberno
A ministra portavoz participa nun encontro con militancia socialista e cargos públicos no Auditorio Mar de Vigo
A visita a Vigo da ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, rematou cunha xuntanza coa Executiva Provincial, alcaldes e alcaldesas socialistas e militantes de toda a provincia no auditorio Mar de Vigo. Durante o encontro, Isabel Rodríguez defendeu a visión local da política e confesou que cando se fala de política municipal a súa referencia é sempre Abel Caballero “e o seu inmenso apoio” e, tamén Carmela Silvva, polo que representa pola defensa do feminismo permanente dentro do partido e da sociedade.
Rodríguez asegurou durante a súa intervención que a lexislatura non foi fácil para o Goberno de Pedro Sánchez, pero as siglas do Partido Socialista e o labor de cada alcalde e alcaldesa, estivo por enriba das enormes dificultades. “E, ademais”, engadiu, “tanto durante a pandemia, como agora cos efectos da guerra de Putin, viuse a grandeza dos compañeiros e compañeiras socialistas que están na oposición e souberon e saben apoiar aos seus alcaldes e alcaldesas; precisamente a grandeza que lle faltou a Casado e agora estalle a faltar a Feijoo para estar ao lado do Goberno de España”. Por iso pediu expresamente a tódolos/as socialistas galegos/as a contribuír a “contextualizar a un Feijoo que presume de moderado, pero é un radical” e a quen definiu como “gris” no seu intento diario de “esparexer tristeza”.
A ministra destacou que o Goberno de España, en momentos moi complicados, deu respostas para as maiorías sociais, para as persoas máis vulnerables. “Mañá o transporte público en España é máis público porque leva o selo do Goberno de España, e se suben os prezos dos libros de texto, respondemos con máis becas; non con recortes como os que fixo Feijoo en Galicia”.
“Hai oito meses preciosos para ir casa a casa falando do que fixo cada concello e do que fixo o Goberno de Pedro Sánchez; porque nesas casas hai pensionistas aos que se lle subiu a pensión; mozos con becas para estudar; traballadores que cobran máis grazas á suba do SMI, beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital; autónomos que teñen créditos ICO e persoas que cobraron os ERTE para poder seguir pagando as facturas cando baixaron as persianas. Temos unha xestión que nos avala”.
Abel Caballero recalcou que o seu partido chámase Vigo e deféndoo tódolos días dende o Partido Socialista Obreiro Español. “A xente agarda todo de nós e temos que darlles resposta”. O alcalde de Vigo recordou que, aínda que pareza o contrario, diante da magnitude do cambio experimentado na provincia,“non gobernamos a Deputación de Pontevedra dende o tempo dos romanos”, polo que cómpre seguir gobernando para que esta provincia non pare. Caballero reprochou ao Partido Popular que se pase o día enteiro falando das Eleccións Muncipais. “Nós falamos de como resolver a seca, de traballar para o emprego, de mobilizar a economía e de política social; falamos das cousas que importan. Rueda, cada vez que dá unha entrevista só fala de Eleccións, e faino porque non ten proxecto nin para Galicia, nin para cada un dos seus concellos”.
Carmela Silva chamou a sentirse orgullosas/os de ser socialistas e de estar cambiando esta provincia e de estar cambiando España co mellor Goberno que tivo nunca este país. “É un Goberno que é modelo en Europa, que vai un paso por diante e non deixa a ninguén atrás, facendo fronte a todo o que está caendo, cunha pandemia e despois unha guerra. E, a pesar de todo iso, a xente non perde dereitos”.
David Regades, secretario xeral provincial, subliñou que a provincia de Pontevedra é “o graneiro de votos do PSOE en Galicia, gracias ao apoio en moitos concellos e tamén gracias ao tsunami que supón Abel Caballero en Vigo”. “Cada vez que hai unhas eleccións saímos a gañar. Somos unha provincia que cambiou gracias aos alcaldes e alcaldesas e que viviu un antes e un despois hai sete anos, coa chegada de Carmela Silva á presidencia da Deputación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91