DEPORTES
O surf galego continúa a crecer a pasos axigantados coa medalla de ouro de Guillermo Carracedo
Esperanza Barreras quedouse a un paso da gran final na modalidade de Sprint na categoría sénior feminina.
O santiagués Guillermo Carracedo proclamouse campión de Europa no Euro SUP 2022 de Dinamarca na modalidade de SUP Surf, na categoría sénior masculina. O deportista galego competía contra moitos dos grandes nomes internacionais da modalidade nunhas circunstancias nas que as ondas non eran da maior calidade, sen embargo, conseguiu sacar o maior proveito en cada unha das mangas.
A outra representante galega no combinado nacional, a viguesa Esperanza Barreras, non puido obter o pase á gran final tras quedar eliminada na semifinal da modalidade de Sprint na categoría sénior feminina. Cómpre salientar que Esperanza Barreras é xa fixo historia no Campionato do Mundo de SUP celebrado en El Salvador no ano 2019 tras facerse con 2 ouros en dúas modalidades distintas, a primeira española en facelo.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou o nivele crecente do surf en Galicia grazas ao pulo que se está a levar a cabo dende a administración. Neste sentido lembrou a importancia de centros coma o Núcleo de Adestramento Deportivo (NADE) que a Xunta puxo en marcha este ano en Nigrán, e que da a posibilidade ás novas promesas do surf da nosa comunidade para formarse nun centro de excelencia en materia de tecnificación deportiva. “Estou convencido de que detrás dos nomes de Guillermo Carracedo e de Esperanza Barreras veñen outros que acadarán moitos triunfos no futuro”, destacou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186