Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 02 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos mellora o Camiño da Fontarvela en Tameiga

A administración local mosense financia con fondos propios un total de 17 asfaldados dos que tan só quedan xa 3 por acometer

O Concello de Mos está a optimizar a seguridade no seu viario municipal con 17 asfaltados que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros. Os traballos comezaron a principios do verán e xa se atopan acometidos 14 asfaltados, quedando tan só pendentes 3: os camiños de Urbillal e da Cerámica na parroquia de Sanguiñeda, e o Camiño da Coviña en Petelos.

 

Actualmente atópase en execución o asfaltado do Camiño da Fontarvela, na parroquia de Tameiga, ata o que se achegaron esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto. “O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local”, así o explicaban Arévalo e Augusto, durante a visita de supervisión das obras de asfaltado.

 

O Plan a executar durante o presente ano 2022 púxose en marcha a comezos de verán. E para levar a cabo este Plan anual, o Concello de Mos licitou un contrato de obras, que se financia con fondos propios da administración local mosense e ascende a preto de 400.000 euros.

 

O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022, mellorará a seguridade viaria, mediante a reposición do firme, en 17 camiños municipais de todas as 10 parroquias mosenses, que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.

 

O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoveron estes 17 asfaltados no termo municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.