GALICIA
Galicia rexistra a mellor cifra de paro nun agosto dos últimos 15 anos
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, destacou que o paro no último ano descendeu en todas as provincias e sectores de actividade
A comunidade galega, con 141.912 persoas desempregadas, acadou a cifra de paro máis baixa dos últimos 15 anos e a segunda de toda a serie histórica (que se computa desde 1996) para un mes de agosto. A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, valorou de xeito favorable que, a pesares do incremento do paro mensual respecto de xullo deste ano (+1,47%) -unha tendencia xeneralizada en todo o Estado- Galicia mantén á baixa o desemprego en todos os sectores, nas catro provincias e nos colectivos de prioridade nas políticas de emprego da Xunta respecto de hai un ano.
Galicia conta hoxe con 9.352 persoas sen emprego menos que en agosto de 2021. Tal e como resinou Lado, en todos os sectores de actividade anótase unha baixa nesta lectura interanual, en especial na industria onde o paro baixou o 13,61% -por 5º mes consecutivo- e na construción (-9,90%).
Tamén os colectivos prioritarios nas políticas de emprego da Xunta experimentaron comportamentos favorables. Así, destacou a directora xeral, a comunidade conta cun 7% menos de parados menores de 30 anos que hai un ano e un 6,11% menos de mulleres desempregadas.
No caso das afiliacións, creceron un 1,53% na comunidade se as comparamos con agosto de 2021 ata acadar un total de 1.055.331 persoas.
Non en tanto, a directora xeral fixo un chamamento á prudencia e asegurou que a mellor política para enfrontar a actual conxuntura económica é a que contribúe a “xerar máis e mellor emprego, sen perder de vista a transición dixital e a transformación laboral nin, por suposto, as necesidades do noso mercado e das persoas traballadoras”, especificou. Nesta liña puxo en valor o compromiso do Goberno galego no apoio ao emprendemento, coa formación para o emprego e no fomento da conciliación e a conrresponsabilidade.
Para acadalo, relatou, “a Xunta conta coa estratexia Xempre, que permitirá á comunidade poñer en valor as capacidades das persoas, en conexión co tecido produtivo, coa colaboración público-privada como unha das claves”.
Indicou que colectivos prioritarios nas políticas de emprego da Xunta experimentan baixas no desemprego de ata o 7%, no caso dos menores de 30 anos, e de máis do 6% entre as mulleres
Lado detallou que o Goberno galego quere incidir no traballo coas capacidades das persoas e a colaboración público-privada. Por este motivo vense de elaborar unha Axenda Galega de Capacidades que permite coñecer que persoal precisa o tecido produtivo e poder preparalo coa mellor formación. Tamén se está a modernizar, tal e como dixo, o servizo de emprego de Galicia “que aproveitará a intelixencia artificial para optimizar os procesos de oferta e demanda de traballo”.
Lado lembrou que na actualidade, un dos obxectivos da Administración autonómica é o de conectar á cidadanía coa rede autonómica de emprendemento e a oferta laboral da comunidade e conta para elo coa nova Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego que iniciou xa a súa actividade desde Verín e Silleda.
Aposta pola conciliación e a corresponsabilidade
“A conciliación é clave para xerar emprego e consolidar proxectos”, engadiu durante a súa intervención a titular de Formación para o Emprego e Orientación, quen lembrou que soamente a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a destinar este ano 16 millóns de euros a fomentar, no eido do traballo, medidas para harmonizar a vida persoal e laboral.
A Xunta traballa para blindar un mercado laboral forte, que conte con todo o talento e potencial de Galicia: o das mulleres e homes, das persoas novas, de quen conta co ampla traxectoria... Por este motivo en 2022 puxéronse en marcha tres Plans Emprega cun orzamento próximo aos 128 millóns de euros para “favorecer a formación e a empregabilidade” de máis de 16-500 mulleres, 2.000 mozas e mozos e máis de 6.000 persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, rematou Lado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217