GALICIA
Galicia un referente a nivel europeo en turismo de saúde e termal
O titular do Goberno galego asiste á sinatura en Madrid dun Memorando entre a Xunta, a Organización Mundial de Turismo e a Asociación Europea de Cidades Históricas Termais
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta semana o papel referente de Galicia no turismo termal e de saúde. “España é o segundo país de Europa con máis instalacións e promoción do termalismo e dentro de España, Galicia está á cabeza tanto en cantidade como en calidade”, asegurou tras a sinatura en Madrid dun Memorando entre o Goberno galego, a Organización Mundial de Turismo e a Asociación Europea de Cidades Históricas Termais.
Rueda, que tamén participou na presentación na capital do Congreso de turismo termal e de saúde que se celebrará na cidade de Ourense o vindeiro 27 de setembro, subliñou que Galicia “é o país dos mil ríos, pero tamén o país das augas subterráneas que cando afloran á superficie dan moitísima riqueza e supoñen un impulso para o noso turismo”. “As augas termais son un recurso de primeiro nivel polo que en Galicia levamos apostando moito tempo”, sinalou.
Destaca que a Comunidade está a cabeza de España tanto en número de instalacións como en calidade e que se trata dun sector en continuo crecemento
Na mesma liña, o titular do Executivo resaltou que Galicia conta con todos os elementos necesarios para seguir sendo referente do ámbito, tanto a nivel de recursos –con 300 captacións de augas termais e 7 dos 8 tipos de augas medicinais—; de liderado no sector –con 21 balnearios a primeira posición en establecementos coa Q de Calidade Turística—; de vontade –coa primeira lei que regula o aproveitamento lúdico das augas, ou o impulso á Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago— e medidas –como o Plan Territorial de Desenvolvemento Turístico en Destino 2023-2026, financiado con fondos Next Generation—. “O termalismo é un eido que está crecendo cada vez máis”, afirmou.
Ademais, o titular do Executivo autonómico cualificou o termalismo como un puntal no modelo turístico seguro, natural, de espazos abertos e de calidade que despunta despois da pandemia.
Así mesmo, recoñeceu a súa capacidade para desestacionalizar o turismo, diversificarlo e estendelo polas comarcas interiores. Desta forma, fixo referencia á oportunidade que supón a chegada do AVE a Ourense para atraer turistas á Galicia “máis aló dos meses centrais” do ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217