Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 04 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Escolas Infantís mosenses a punto de cara ao inicio do curso a vindeira semana

A alcaldesa e a edil de Política Social de Mos visitaron as instalacións nas que se fixeron traballos de mantemento e mellora financiados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e polo propio Concello

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, visitaron esta semana as 3 Escolas Infantís A Galiña Azul de Mos, Veigadaña, Cototorrón e Porteliña, para supervisar que todo estivese a punto de cara á celebración da xornada de portas abertas o vindeiro luns, 5 de setembro, e o inicio do curso o martes día 6.

 

As 3 Escolas foron obxecto de melloras durante o verán de cara a este novo curso 2022-2023. Melloras realizadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e polo propio Concello.

 

Durante o pasado mes de agosto, tempo no que as instalacións estiveron pechadas por vacacións, aproveitouse para realizar traballos de mantemento e mellora. Nas tres escolas realizouse unha importante inversión nos exteriores e zonas axardinadas, que ascende a un total de 24.000 euros.

 

Estas obras de optimización exterior consistiron na substitución do caucho por céspede na Escola Infantil de Cotororrón, e na prantación de árbores, céspede e prantas no xardín e adquisición de novos módulos de xogo infantil para o parque na Escola Infantil da Porteliña. Na Escola Infantil da Veigadaña acometerase a vindeira semana o peche perimetral con vallado no exterior axardinado, instalación realizada a demanda dos pais/nais.

 

Por outra banda, nos interiores, realizáronse labores de pintado de paredes en todas as escolas e, nalgunhas, renovación de grifería, posta a punto da carpintería interior e renovación de mobiliario.

 

Agora mesmo hai 60 nenos/as matriculados na Escola Infantil da Veigadaña, 32 nenos/as matriculados en Cotorrón e 28 en Porteliña. En total comezarán o curso a vindeira semana 120 cativos/as.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.