Galicia
Viaxeiros sen trens pola falta de prazas
Incomprensiblemente RENFE non programou ningún tren da mañá en dobre composición, a pesar de que hoxe, día 5 se agardaba una afluencia importante de persoas que ían a utilizar o ferrocarril.
Renfe non programou reforzos nos primeiros trens con saída de Vigo esta mañá e ducias de viaxeirxs quedaron en terra por non ter prazas nos trens que circularon ca capacidade normal, sen reforzar con outra composición e así circular ofertando as dobres de prazas.
Así os tren con saída de Vigo 09072 (6:40), 09082 (8:00), 12526 (9:13), 09112 (11:00) circularon completos impedindo que viaxeirxs de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía puideran coller o tren pra o desprazamento programado pra hoxe. Algúns tiveron que pagar o prezo do billete pra poder viaxar ata Santiago no Alvia Urzaiz-Madrid das 9:20, ainda que tiñan bono recorrente, xa que este tren de longa distancia non permite a formalización de estes tipo de billetes de balde.

O problema centrouse no corredoiro atlántico sentido Vigo-Compostela e a falta de prazas repercutiu aos cidadáns de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía que quixeron desprazarse a Compostela ou Coruña, que se atoparon cos trens cheos e sen prazas a venda, xa que a relación Coruña-Santiago, principal fluxo de viaxeiros no sentido Coruña-Vigo, ten moitas mais circulacións o que impide que se enchan os trens na sua totalidade.
Concretamente nestes intres están en circulación 15 trens de Media Distancia entre Coruña e Santiago fronte aos 10 trens entre Vigo-Pontevedra e Santiago, entre as 5:00 e as 15:00 hs, estando en clara desvantaxe o servizo ferroviario en Pontevedra fronte o de Coruña, no corredoiro atlántico.
Dende CGT reclamamos a RENFE e o Ministerio que reforce os trens de maior afluencia de viaxeiros e repoña os suprimidos pola pandemia e que forman parte das Obrigas de Servizo Público establecidas polo Goberno, atopándose nestes intres suprimidos mais de 180 trens semanais en Galiza, entre eles os Vigo-Pontevedra, Vilagarcía-Compostela, Vigo-Ourense-Monforte-Ponferrada e Vigo-Tui/Valença.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217